O Xallas FC non terá que pagar unha débeda do Santa Comba CF denunciada por varios xogadores
Vén de desestimar o Xulgado do Social Nº 2 de Santiago de Compostela, unha demanda dun grupo de xogadores do Santa Comba CF, na que solicitaban o pago de máis de 10.000€, en concepto de salarios devengados durante as tempadas 2008/2009 e 2009/2010, así como os intereses correspondentes. Os xogadores, amparádose na suposta sucesión do Xallas FC para coas obrigas daquel Santa Comba FC despois da fusión, pedían que a directiva verde se fixera cargo das débedas do club laranxa sendo por aquel entón presidente Jose Gerpe Xesto “Che”, persoa que desempeñou tamén o labor de tesorero na Federación Galega de Fútbol, sendo presidente da mesma José García Liñares.
O Xulgado informou desta sentencia, xa firme, desastindo aos actores ao entender que non existíu fusión ningunha e que os dous eran clubs distintos, tendo ademais prescristo o asunto.
Os xogadores Roberto Feáns Souto, José Antonio Varela, Iván González, David Fernández Cotrofe, Diego Rojas, Diego Arnejo, Adrián Vázquez Forján e Eugenio Castro, solicitaban cantidades entre os 450€ e os 2.900€. Pero o Xulgado rematou desestimando a demanda dos xogadores e absolvendo ao Xallas FC dos pedimentos dos futbolistas demandantes.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).