Oltra visita Baio para falarlle aos Pais Sufridores

Continúa o CD Baio traendo personalidades para que os pequenos e os maiores aprendan dos mellores. Se hai uns meses era a href="/articulo/zas/alex-bergantinos-vestiuse-de-branquiazul-en-baio/20130109063056071911.html">Alex Bergantiños o que se achegaba á vila baiesa, este xoves 30 de maio, ás 20:00 horas, terá lugar no Auditorio do Pavillón de Baio unhas novas Xornadas de formación que organiza o C.D. BAIO.

Neste caso, e baixo o título "Pais Sufridores", falarán Macario Bravo, psicólogo do fútbol-base do Deportivo, e José Luis Oltra, ex-adestrador do conxunto herculino.
O acto está aberto a todos os que queiran acudir, pero vai dirixido aos pais e nais que teñan fillos deportistas e aos adestradores do fútbol-base.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da man de Chema Rey (secretario CD BAIO).