Alex Bergantiños vestiuse de branquiazul... en Baio


Fantástica a iniciativa da directiva do C.D. Baio. I é que invitar a un xogador deportivista, e da casa, supón toda unha experiencia para os pequenos xogadores baieses e serve ademais para espallar as cores branquiazuis por unha bisbarra onde o branco ou o blaugrana son, en moitos casos, os preferidos.
O medio centro do Deportivo, nado no barrio da Sagrada Familia da Coruña, falou cos rapaces das categorías inferiores de como foi ata agora a súa carreira no mundo profesional. Explicou que o traballo e a dedicación son fundamentais para chegar ao máis alto, algo que os cativos poden chegar a ver como un espello onde fixarse.
A anécdota da charla chegou cando o coruñés lembrou que nunha visita ao Platas Reinoso co Imperátor, en época xuvenil, sufrira unha rotura de tibia, polo que recorda moi ben a dureza do fútbol da Costa.
Ademais, Alex reencontrouse cun baiés co que compartiu vestiario no clube vermello, Pablo Domínguez García.
Trala pequena charla, Alex púxose á disposición dos asistentes, tanto para respostar as súas preguntas como para sacarse todas estas fotos de familia que nos trae Santi Díaz, o punta xuvenil baiés, que fixo ademais de cámara, sendo un crack tanto nas áreas rivais como detrás do obxectivo.



Máis información
Novas relacionadas
- Ledicia na presentación da Peña Deportivista Bar Pérez.
- Zas vístese de branquiazul para facer o camiño.
- O Pindo tinguiuse de branquiazul.
Artigos relacionados
- Manuel Varela: Analizando o estado de saúde dos equipos da Liga da Costa en pleno parón de Nadal.
- David Castro: Especial sobre Xosé Luís Vara, unha vida entregada ao fútbol:
- Héctor Pose: Miculita-Sieso-Manín: tridente letal.
- Un album de fotos antigas do Fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).