Ordóñez e Sergio completan a lista de adestradores, con 17 novidades, para a tempada 18/19

Sergio ao Corcubión e Ordóñez de volta ao Laxe, os últimos movementos nos bancos dos 36 equipos do Fútbol da Costa

Cos calendarios xa completos das 4 ligas os 36 equipos da comarca teñen xa perfilados os seus banquiños, que se poden ver ao completo na nova Mercado de Fichaxes.

Os dous últimos movementos danse na 3ª. Finalmente a volta de Roccicioli aos campos da Costa truncouse e non se puido facer oficial a súa fichaxe polo SD Laxe. Será, un ano máis Ordóñez o que colla o mando na nave laxeira, despois de que a directiva o convencera de continuar un ano máis.

O outro equipo que aínda que quedaba sen adestrador era a UD Corcubión. Tras varias semanas adestrando co presi Carlos Lema ao mando, será finalmente Sergio, ex do Baíñas e natural de Quintáns, o que colla as rendas do equipo branquiazul.

Así, na 3ª serán 7 os novos adestradores, ficando no seu equipo os Varela (Porteño), Ordóñez (que segue finalmente en Laxe); Pupus (Camelle); Antelo (Castrelo), Carlos Margarida (Nantón) e Tono (Camariñas). Unha 3ª que terá a novidade do curso, coa presencia das Baleas, con José Vicence ao mando.

17 cambios nos banquiños

En globar son 17 os equipos que cambian de adestrador, destacando a revolución na 1ª Galicia con 4 dos 5 banquiños renovados (Ángel Canosa volve á súa casa fisterrá, Pablo Torreiro ficha polo Baio, Geno vai a Esteino, e Julián que volve a Dumbría.

Toda a lista de adestradores:

https://quepasanacosta.gal/o-mercado-de-fichaxes-do-futbol-da-costa-sempre-actualizado/