Os carnotáns SPS Competición estrean campaña no Rali do Cocido
06 de marzo de 2014 (12:43 h.)
Xa chega a XX edición do Rali do Cocido, que arrincará este venres 7 no concello de Lalín, na comarca do Deza. A Escudería Lalín-Deza xa está preparando o tramos para o venres e o sábado, dunha proba puntuable para o Campionato Galego de Ralis. Non teremos a todos os pilotos que esta temporada participarán no Campionato, pero si teremos parte da nosa expedición.