Os equipos de maiores do volei costeiro rematan unha boa campaña

Se a semana pasada as xuvenís do Volei Dumbría proclamábanse novas campionas provinciais, desta volta non puido ser tan positiva. Os dificiles enfrentamentos que tiñan os equipos de Cee e Dumbría ante equipos punteiros da liga confirmaron o esperado en forma de derrotas. Os cadetes do Volei Dumbría perderon aínda que deron traballo aos líderes da competición o CV Vigo, filial do equipo de superliga nacional. Os dumbrieses caeron por 0-3 (18-25, 25-27, 19-25). Desta forma rematan a tempada na 6º posición, lonxe da cabeza e lonxe dos postos de descenso nunha tempada que se pode calificar coma boa. Pola súa banda, as cadetes de Volei Dumbría tamén perderon en Monforte ante o potente Ribeira Sacra por 3-0 (25-10, 25-14, 25-12) nun partido sen moita dificultade para as monfortinas. O equipo dumbriés terá que xogar un cruce para manter a categoría co Os Bacelos de Dodro. Perderon tamen as infantís do Manuela Rial ante Ribeira Sacra por 3-0 (25-18, 25-19, 25-17). Con este resultado o equipo remata en 8º posición mantendo a categoria permanecendo un ano máis en liga galega. As vitorias viñeron da man dos alevíns do Manuela Rial ante Ames e Boiro, as alevíns ante Dodro e Boiro e os benxamíns ante Rianxo. A única derrota nas categorías dos máis novos foi das alevíns ante Rianxo por un punto.

Vindeira cita

Cruces de Promoción de Ascenso á Liga Galega:

  • Xuvenil femenino: Volei Dumbría - Bertamiráns: sábado 2 de abril: ás 11:00h en Dumbría.
  • Cadete femeninoOs Bacelos Dodro- Volei Dumbría: sábado 2 de abril ás 16:45h en Dodro.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.