Os favoritos toman o mando nas Ligas de FS de Cee

O Máis Deporte-Bar Xardín, campión da Copa-Maratón do ano pasado, xa está de líder da 1ª Un paso adiante dá este curso a Liga de Fútbol Sala da Costa da Morte. Tocaba renovación, e tras moitos anos encomiable traballo de Juan ao timón, as xentes da comisión do San Cristobal, asume o mando desta liga ceense, unha das que conta con máis estrellas do Fútbol da Costa. Os Marios e mais o Negro estanlle dando un impulso á esta liga, como podemos comprobar na súa Páxina de Facebook "Liga Futbol Sala Da Costa Da Morte", que nos deleita con todas as fotos dos equipos, os resultados en tempo real, e mesmo vídeos coma este entre Montaxes Quintaplas - Mais Deporte Bar Xardín: [fbvideo link="https://www.facebook.com/1916545115237651/videos/1918774635014699/" width="650" height="400" onlyvideo="1"]

Máis Deporte-Bar Xardín, líder da 1ª

Os favoritos xa están tomando posicións. O Máis Deporte-Bar Xardín, campión da última Copa-Maratón xa está de líder da 1ª División, pero co retrovisor posto nos fisterráns do Mesón A Cantina. que xa demostraron co título de Liga do ano pasado do que son capaces. O Clínica Sar parece que será o equipo que dará batalla.
O Mesón A Cantina, actuais, campións de Liga, van detrás do líder
O Panadería Pichín lidera a 2ª División Na 2ª non dá tregua o Panadería Pichín, con 5 vitorias en 5 partidos, co Pub Nerio-El Armario de Marta e O Recunquiño buscando esa segunda praza de ascenso.

Os equipos

Clínica Sar
Pub Nerio-El Armario de Marta
O Bar Recunquiño
Ferroatlantica
Estrella Roja
-Garaxe Xallas - Bar Cantorna
Veteranos de Cee
Pinturas Fran Pardelo-Carpintería Metálica Muíños
Panadería de León

As táboas

Novas relacionadas

Temporadas pasadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).