Os Júnior e as Infantís dan as alegrías da xornada ao ACB

Imaxe dun partido do ACB co Artai

As vitorias dos equipos júnior masculino e infantil feminino son as mellores novas que trae esta semana a familia do ACB Costa da Morte.

3ª División Sénior Masculino

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE – STA.CRISTINA CBA (41-60).

Regular partido do equipo sénior ante un dos equipos destacados da liga. Regular partido por que pese a estar cerca no marcador durante gran parte do partido apenas chegou a inquietar o seu rival, que xogaba moito mais tranquilo e seguro no seu xogo. O enorme número de faltas pitadas en contra pitadas polos colexiados desesperou os locais que se afuscaron e perderon o tempo do partido, tres faltas técnicas en contra o amosan e so unha falta da tiro a favor en todo o partido, son boa mostra do desnivel de faltas amosadas.

Só breves rachas de acerto no tiro e boas defensas adecentaron o partido dos costeiros, onde os coruñeses se acabarían impoñendo con merecemento.

 

2ª División Sénior Feminino

  • Resultado: AD CALASANCIAS – ES BAZARRA COSTA DA MORTE (55-48)

Unha mala segunda parte sentencia un partido que as sénior tiñan na man para levarse a vitoria. As rapazas de Pais, que contaban ca axuda de dúas do equipo júnior, lograrían irse ao descanso cunha mínima vantaxe, grazas a unha primeira parte primorosa, onde amosaron a súa mellor cara. Todo o contrario aconteceu na segunda, onde a igualdade foi máxima e dúas accións consecutivas de tres puntos no ultimo cuarto para as locais lles darían unha vantaxe que as censes en pleno baixón non serian capaces de remontar.

 

2ª División Junior Masculino

  • Resultado: CB ARTEIXO – CE CUME CEE (39-47).

Un correcto primeiro cuarto e un bo segundo darían a vitoria ao equipo costeiro que na segunda metade se atascaría en anotación, aínda que a boa defensa conseguiu manter a vantaxe alcanzada na primeira metade. Nos últimos minutos o equipo tivo que xogar con so catro efectivos por mor das expulsións por persoais. Destacar o bo xogo interior e continuar a racha de vitorias nas vindeiras xornadas.

 

2ª División Junior Feminino

  • Resultado: BALONCESTO COSTA ARTABRA – ACB COSTA DA MORTE (67-62).

Dur derrota das júnior no primeiro partido tras a confección dos novos grupos. O partido o levarían as locais grazas ao seu acerto nos últimos minutos do partido.

 

2ª División Cadete Masculino

  • Resultado:ACB COSTA DA MORTE – EMBAL (37-52).

O equipo cadete colectou unha nova derrota na categoría pero pese a iso foi o mellor partido disputado ata o de agora, onde ata o terceiro cuarto a igualdade era máxima e a vitoria podía caer para calquera bando. O equipo de Laracha moito mais físico se levaría a merecida vitoria.

 

2ª División Infantil Feminino

  • Resultado: FERROATLANTICA COSTA DA MORTE – XIRIA (52-31)

Fantástica nova vitoria do equipo infantil na tarde do sábado no pavillón de Brens. A baixa anotación foi a tónica de gran parte do partido onde primaron mais as defensas. O equipo local sentíase cómodo na pista e se irían o descanso cunha vantaxe de sete puntos. Un último cuarto espectacular, con gran anotación e mellor defensa rompeu o partido definitivamente e as rapazas adestradas por Manu se levaría unha clara vitoria ante un pavillón repleto de asistentes. Enorme estado de ánimo das pequenas que afrontan nas próximas xornadas os partidos mais importantes do campionato.

 

2ª División Infantil Masculino, xornada 11

  • Resultado: FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE – CULLEREDO (16-66).
  • ACB COSTA DA MORTE: Lois, 4 ptos; Adrián, 0 ptos; Guillermo, 0 ptos; Álvaro, 2 ptos; David, 2 ptos – quinteto inicial – Alex Domínguez, 0 ptos; Miguel, 2 ptos; Ramiro, 6 ptos.

Seguen os rapaces do Ferroatlántica Costa da Morte ca súa progresión, conseguindo mellorar os resultados da primeira volta ante equipos con mais experiencia xogando nesta categoría. A falta de acerto no tiro marca moito as diferenzas que están a sufrir nos partidos disputados, pero pouco a pouco van mellorando eses porcentaxes, que axudaran a obter tamén mellores resultados en próximos partidos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • ACB Costa da Morte.