Os porqués das cores dos equipos do Fútbol da Costa

Exposicion de camisetas na Gala do Futbol da Costa

Os que asistiron á V Gala do Fútbol da Costa - QPC celebrada en Santa Comba, puideron gozar dunha espectacular exposición de camisetas, actuais e históricas, dos clubs do Fútbol da Costa.

Unha exposición que contou coa colaboración dos técnicos xalleiros José María Suárez e Huelvis, que ademais traía unha pequena crónica da historia das cores de cada camisola.

A partir de esta semana iremos traendo a historias da cores de cada equipo, que nos leva por curiosas orixes. O Real Club Deportivo, Celta, Madrid, Ajax, Inter de Milán, AC Milán, Zaragoza, Cádiz, Pontevedra, UD Salamanca, Selección Española, Peñarol de Montevideo, Arsenal, a bandeira galega… son algunhas das razóns desas cores singulares.

Moitas cores teñen a súa orixe na emigración á Arxentina, pero outras pasan polo mar, pola publicidade, ou mesmo porque era a máis barata da tenda.

Ao longo deste verán iremos coñecendo as orixes das cores dos 34 clubs da Costa da Morte.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-gala-qpc-puxo-en-santa-comba-o-emocionante-broche-de-ouro-a-temporada-do-futbol-da-costa/