Os Rapacollóns, moito máis que fútbol por Nadal

Abofé que son moito máis que 22 tíos dándolle patadas a un balón. Os Rapacollóns Big Band representan perfectamente a grandeza do Fútbol da Costa, e explica aquelo que sempre dicimos, que trascende o mero deporte.

Este Nadal queren aproveitar a incercia de mobilización social na vila do Cristo por unha boa cousa. Así o vindeiro 18 de decembro, no marco do partido da SD contra o Val do Ulla, os Rapacollons e o club fisterrán invitan a todo o mundo a poñer o seu grao de area para colaborar con Cáritas Fisterra. Piden leite e produtos navideños para o “Carro Benéfico” e poder axudar así ás familias máis necesitadas da zona. Venderanse tamén calendarios benéficos da Asociación contra o Cancro de Fisterra.

Non quedan aí as propostas, pois o sábado 24 de decembro, antes de ir de Noiteboa, haberá que pasar por Ara Solis ás 16:30h para ver o “I Trofeo Pena de Corvos”, que enfrontará ao actual plantel da SD cun Combinado “Internasional” dos Rapacollóns e xogadores que deixaron o club o ano pasado.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).