Os “runners” da Costa da Morte únense nunha “macroquedada”

Centos de persoas participan nas Carreiras Correndo pola Costa da Morte

Son centos os novos “runners” na Costa da Morte e en toda Galicia. E son xentes que gustan compartir experiencias. Terán unha boa cita este vindeiro 26 de decembro ás 16:00 en Baio, no campo de fútbol do Pratas Reinoso.

Alí, o baiñes Fermín López Agra, entrenador personal e licenciado en Ciencias da Actividade Física do Deporte, organiza unha Macroquedada para todo o mundo, e por suposto tamén para os que participan nas carreiras do Circuíto Correndo pola Costa da Morte, así como que que saen cada día a mellorar a súa saúde.

O obxectivo e reunir a persoas de todas as idades tanto rapaces como personas máis maiores e realizar xogos por parexas, circuítos, carreiras adaptando cada un o seu nivel. “Creo que vai vir bastante xente”, considera o propio Fermín, que buscará asentar esta cita e tecer redes entre os amantes das carreiras.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).