Os tempos están a cambiar

Partidos que noutras tempadas poderían ter un cartel de Serie B chegan agora en xeito de superproducción e de seguramente importante para a loita pola zona alta da táboa
O Sofán mídese ao Soneira - Foto: SD Sofán Parafraseando ao mito, músico, trovador e poeta dos tempos pretéritos e actuais, e agira Nobel, Bob Dylan, as xornadas na Costa están a caer coma cantos rodados, pero se algo están a amosar é que os tempos están a cambiar. Partidos que hai dous, tres ou cinco anos serían vistos de refilón polo gran público e terían nula incidencia no devenir da zona alta son agora en moitos casos os que minimizan aos de entidades de gran cartel histórico. Por exemplo, alguén daría patacón por ver un Soneira-Sofán en Preferente? Ben, si, os mesmos que apostaron que o Leicester gañaría a Premier League. O primeiro enfrontamento entre ambos na máxima categoría autonómica será o terceiro encontro dunha semana en xeral positiva para tódolos representantes. Os carballeses teñen freado a hemorraxia de derrotas, mentres que un sabe que os de Vimianzo antes ou despois acaban por responder. Difícil será para o Xallas a visita do Paiosaco. Os mesmos 'tolos xeniais' que se atrevesen a apostar por ese Soneira-Sofán, aínda terían as súas dudas ao pensar nun Fisterra-Outes en Primeira, toda vez que a refundación dos branquinegros é dun lustro atrás. Despois da primeira derrota, os verdes apelan ao factor Ara Solis para rematar cunha xeira de seis semanas sen vencer. O Dumbría en Silleda e o Zas en Val do Ulla rezan por unha arbitraxe dentro do normal. A máis atípica das Ligas da Costa en anos, esa na que faltan tódolos que promocionaron hacia arriba, deixa unha curiosa cita: o algo irregular Corme recibe a un Cerqueda de currículum case inmaculado e que ninguén se atreve a poñerlle un obxectivo claro. O resucitado Ponteceso, pola súa banda, visita a un Castriz que ven de deixarse o liderato nas Pedreiras de Verdillo, mentres que o novo dominador da competición, o Baio, vai avisado a Camariñas. Bonito e aberto, e ben seguro con goles, é o partido de Cubaleiro entre Corcubión e Porteño. Pouco dada a sorpresas parece unha Terceira Galega onde o Muxía está a pasearse e recibe a un Volantes sempre perigoso, mentres que o Lira, outro candidato sobre o papel, en teoría debe ser capaz de vencer en Malpica ao Seaia. Un Nantón sempre a ter en conta e un Ameixenda con argumentos protagonizan o choque da xornada.  

PreferenteNorte, xornada 9

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 7

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 7

 

LigaGalega Xuvenil, xornada 6

1ªXuvenil, Gr.2, xornada 4

 

1ªXuvenil, Gr.3, xornada 6

LigaGalega Cadete, xornada 6

1ªCadete, xornada 3

LigaGalega Infantil, xornada 6

1ªInfantil, xornada 5

LigasVeteranos, 1ª División

LigasVeteranos, 1ª División

 

Máisinformación