Os Veteranos tamén arman as súa Ligas de Fútbol Sala

Seguimos este curso en QPC unha marea de Ligas de Fútbol Sala da zona, e a dos Veteranos non será menos. Xa está armando a activa Asociación Liga da Costa de Veteranos a súa liguiña de FS, que se disputarán as noites dos venres nos pavillóns de Ponteceso, Cabana e Malpica.

Arrincará o vindeiro 11 de decembro, e o prazo de inscrición será do 30 de novembro ao 4 de decembro, no teléfono 646 670 678.

Tamén terán o seu espazo en www.futboldacosta.com.

As táboas en www.futboldacosta.com

Novas relacionadas

 

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).