Os Veteranos xa teñen os calendarios da primeira temporada no fútbol federado

Trala súa integración ao fútbol federado, o Veteranos da Costa afrontan esta temporada histórica. 27 equipos da bisbarra competirán nas División de Honor, Gr.1º Costa da Morte, e na 1ª Galicia, Gr.1, Costa da Morte. E xa comezan os choques este domingo, coa disputa das dúas Supercopas no Pinguel. Ás 11:30 terá lugar a Supercopa de D.H. entre San Román e Porteño. Antes, ás 9:30 A Piña disputará tamén a Supercopa de 1ª ante o San Lorenzo. Xa en clave ligueira, as Ligas empezan o 16 de setembro, con clara preponderancia da zona de Bergantiños.
En División dfe Honor, Gr.1 (antiga 1ª División) serán 14 equipos, con novidades como A Piña, (o que foi o Hosgran que conseguíu o ascenso o ano pasado), e desaparicións como At. Milagrosa, En 2ª, desaparece o Laxe (semella que varios xogadores van fichar polas Baleas de 3ª Galicia), e entra o Club Deportivo Razo (recollendo o legado do San Isidro, Carballo), o Xornes (Ponteceso), o Soandres (Laracha), o San Ramón, o Río Grande - Raxería Os Arcos (Zas), e o Mazaricos.

Máis información en www.futboldacosta.com

 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/os-veteranos-ratifican-a-sua-integracion-na-federacion/ https://quepasanacosta.gal/o-porteno-e-finalmente-campion-da-copa-da-costa-duns-veteranos-que-preparan-o-salto-a-federacion/ https://quepasanacosta.gal/o-san-roman-alzouse-co-titulo-de-liga-duns-veteranos-que-xa-pensan-na-copa/