Outra cita muradá futboleira polos nenos do Sáhara
En verán xa os vimos sobre o céspede, e este inverno non poderán estar sobre o Eleuterio Balayo, pero si que estarán no corazón de todos os que participen no I Torneo Fútbol Base Pro Nenos do Sahara.
A cita será este sábado 23 a partir das 18:00h no campo muradán, coa participación de moitas entidades locais.
Amplían o prazo para a acollida de nenos saharauís en verán
Ademais, cómpre apuntar que dentro do programa Vacacións en Paz, que dende hai anos ofrece aos máis pequenos a posibilidade de gozar do verán lonxe dos rigores climáticos do deserto no que viven e que nesa época chega a alcanzar temperaturas extremas que roldan os 50 graos. Este programa de acollida á infancia saharauí resentiuse durante as últimas edicións pola crise económica e a menor dispoñibilidade dos concellos, que sufragan unha parte do traslado dos nenos para que convivan con familias ourensanas durante as vacacións. Na actualidade o prazo para facer as solicitudes de acollida segue aberto, tras a ampliación do calendario inicial.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).