Outra nave, mesmo rumbo
23 de outubro de 2016 (22:01 h.)
Parece talismán a figura de Adrián, que se o ano pasado lideraba ao Fisterra campión de Liga, esta vez faino cun Dumbría que asaltou o liderato de Primeira; na Segunda do cuarteto de cabeza só quedan tres, tras pinchar o San Lorenzo
Mendieta celebrou cun triunfo o seu aniversario - Foto: David Antelo
Fíxose famosa hai uns poucos meses a crónica dominical ou diario de a bordo que facía Adrián do que el chamaba 'o barco' da SD Fisterra. Aquel equipo acabaría por levar a Liga da Costa tras un exercicio de fe. Parece que os dogmas están a repetirse agora co Dumbría, novo fogar do atacante e que, tras superar ao Puebla no Conco xa é novo líder de Primeira. Invictos tras oito xornadas, os brancos son sobre todo un equipo ao que resulta moi difícil facerlle un gol. Foi unha das novas positivas da categoría, pero non a única. Impensable e importantísima foi a remontada precisamente do Fisterra en Villestro, nun feudo tradicionalmente durísimo e onde os verdes se viron cun 2-0 abaixo. Non chegaban tres puntos de golpe desde a xornada inaugural. Menos positiva foi a realidade para Sporting Zas e Outes, incapaces de marcar (no caso dos zascenses por segunda xornada seguida), e cunha bagaxe común de nove goles en contra. Os de Manu Roque son xa penúltimos e arrastran dificultades na contención. Máis arriba, na Preferente, tocou unha de cada. O Soneira conseguiu non voltar sen pesca de Chantada, mentres que o Sofán retomou a súa mellor versión e desfíxose do Viveiro nun encontro vibrante. Menos fortuna tivo o Xallas na súa visita a un Betanzos que sorprendeu.
Se o Dumbría é líder invicto de Primeira exactamente o mesmo sucede na Liga da Costa co Corme, o único da categoría que nunca deixou de sumar. Os azuis arrollaron en Laxe, nun encontro con diferentes fases. Compartían ata este domingo esa primeira praza con tres conxuntos máis, pero o Coristanco fíxolle un estropicio ao San Lorenzo nas Pedreiras e xa é un menos o grupo de dominadores, do que non se apea un intratable Cerqueda. Os malpicáns sufriron para derrotar a un bo Corcubión. E de promesa a case confirmación evoluciona o sorprendente Camariñas, autoritario e fiable na súa visita a Esteiro. O único partido sen goles tivo lugar en Malpica, onde os locais e o Castriz asinaron táboas na súa partida de xadrez.
Seis de seis suma xa o Muxía na Terceira, onde só o Ameixenda parece representar unha alternativa. A mala nova da semana tivo lugar no encontro do líder, en Carnota ante o Lira. O futbolista local Simón, curiosamente veciño de Muxía, terá que ser operado dunha fractura de tres costelas, cunha bolsa de aire na pleura que lle dificulta. Resultou fatal o choque contra a valla. Toda a familia da Costa tense posto en contacto co Lira para transmitirlle o seu apoio.
Por outra banda, o lunes terá lugar en Baio a ceremonial reunión co gallo do sorteo da Copa da Costa. Será ás 20.15 horas.
LigaBenxamínSur, xornada 2
PreferenteNorte, xornada 10
1ªAutonómica, Gr.2, xornada 8
2ªAutonómica, Gr.2, xornada 8
LigaGalega Xuvenil, xornada 7
1ªXuvenil, Gr.2, xornada 5
1ªXuvenil, Gr.3, xornada 7
LigaGalega Cadete, xornada 7
1ªCadete, xornada 4
LigaGalega Infantil, xornada 7
1ªInfantil, xornada 6
LigaAlevínSur, xornada 2
LigasVeteranos, 1ª División
LigasVeteranos, 1ª División
Máisinformación
- Mercado de fichaxes do Fútbol da Costa.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.