Outra xornada feliz para o tenis de mesa costeiro

Brais Blanco concentrado nun servicio

Outra xornada positiva en resultados para os equipos da comarca en tenis de mesa, pois só o AD Zas Ponciano NIeto perdeu en 2ª nacional e para eso foi no partido de desempate dos dobres. Outra cousa a derrota de AD Zas O Pinar, pero foi contra outro equipo da zona, o VTM Pinturas Figueiras.

No aspecto positivo, cómpre salientar o estupendo comezo do AD Zas Aluminios Xeal en 1ª Nacional Feminina gañando os dous encontros, un de forma contundente e o outro no desempate dos dobres. Ademais, o AD Zas Dimobel Bazar Baio coa súa vitoria segue comandando a clasificación do grupo de 2ª Galega, mentres que en 1ª Galega segue tamén liderando o gripo o AD Zas Construcciones Cernadas a pesares de non xogar nesta xornada.

2ª División Nacional, grupo 1

  • AD ZAS PONCIANO NIETO – Vincios Dantas (3-4)
AD Zas Ponciano Nieot - Vincios TM

Non aproveitou O AD Zas Ponciano NIeto (Edu Quintela, Brais Blanco e Gonchu Martínez) que Vincios viña sen o seu mellor xogador e eso dáballe moitas opcións aos zaseiros, pero aínda non entrenaron dabondo esta temporada para estar en plenitude de xogo. Mágoa o perder dous partidos 3-2, pero eso é tamén un bo índice de que falta entreno. o lado positivo está en que cada xogador gañou un partido e eso daralles ánimos para os seguintes compromisos.

1ª División Nacional Feminina

  • CTM Coruña – AD ZAS ALUMINIOS XEAL (1-5).
  • Breogán Oleiros – AD ZAS ALUMINIOS XEAL (3-4).
AD Zas Aluminios Xeal - CTM Coruña

Moi bo comezo nesta liga por parte das noviñas xogadoras Laura García, María Castro e Miriam Domíguez do AD Zas Aluminios Xeal, gañando un encontro de forma clara e o outro, moito máis igualado que se resolveu no último partido de dobres. Moi ben Laura García gañando dous partidos no seu debut nesta liga e xogando contra as veteranas do CTM Coruña. Laura ten 9 anos por os maás de 50 das coruñesas e máis de 1000 partidos xogados. A Miriam e María notouselles a falta de entreno sobre todo no seu enfrentamento con Antía Rama a que Miriam sempre lle gañara ata esta ocasión. A temporada non fixo máis que empezar e tempo haberá para mellorar.

2ª División Galega

  • VTM PINTURAS FIGUEIRAS – AD ZAS O PINAR (4-0).

Facíl vitoria dos vimianceses (Julio Figueiras, Brais Touriñán e NIcolás Pazo) ante os zaseiros (Lara Romero, Miguel Romero e Tatiana Recarey) que notaron as baixas de Laura García e Budi e co pensamento noutros asuntos. Cando entrenan xuntos os resultados soen ser máis axustados, pero cando é competición oficial os de Vimianzo adaptase mellor.

2ª División Galega

  • Arteal TM - AD ZAS DIMOBEL BAZAR BAIO (2-4).
Arteal TM - AD Zas Dimobel Bazar Baio

Seguen na súa racha os veteranos de Zas e aproveitan a incorporación de Victor Méndez (aos José A. Pazos e Matteo Yang) para gañar os partidos aos rapaces que están empezando neste deporte. O máis positivo deste encontro foi a vitoria de Matteo Yang que sempre lle pon moita ilusión pero non estaba conseguindo moito éxito.

3ª División Nacional

  • CONCELLO MAZARICOS – Breogán Oleiros C (4-3).
Concello Mazaricos - Breogán Oleiros C

Importantísima e moi traballada a vitoria do Concello de Mazaricos (Miguel Rey, Álex Blanco e José A. Lado) e que neste encontro decidiu empregar a todos os xogadores disponibles e non recurrir a Miguel Rey para o dobre, de aí o maior mérito desta vitoria, xa que todos participaron nela. Non o van a ter doado os mazaricánss o seu obxectivo de manter a categoría pois é un grupo moi igualado e terán que poñerllas todas en cada partido para acadar o éxito esperado.

 

Vindeira xornada

Sábado 27 de outubro:
- 3ª División Nacional: 16'30 Conxo TM - Concello de Mazaricos, en SAntiago.
- 2ª División Galega: 16'00 Oroso Peluquería Tije - AD Zas O Pinar.
- 2ª División Galega: 18'00 Oroso TM Trastes - AD Zas O PInar.
- 2ª División Galega: 17'00 AD Zas Dimobel Bazar Baio -VTM Pinturas Figueiras.

Domindo 28 de outubro:
- 2ª División Nacional, 10'30 en Vigo: CTM Vigo - AD Zas Ponciano Nieto.

 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/doble-liderato-para-a-familia-irmandina-do-tenis-de-mesa/