Para cear, cordeiro
Completa se presenta esta nova xornada para as Ligas da Costa. Unha xornada que na Preferente terá dous partidos importantes, xa coma todos, para os nosos. O Xallas quere confirmar a súa melloría na mañá dominical ante un Laracha en zona noble. Non o terán fácil os xalleiros, como tampouco o terán os dumbrieses. Julián Ferreiro necesita sumar a súa primeira vitoria no banco dumbriés nun partido clave, fundamental. Visitan o campo do Riveira, equipo que precede ao Dumbría aínda en postos de descenso, con 3 puntos de vantaxe sobre os dumbrieses. Se perden, e vence o Xallas o Dumbría quedaría a 6 puntos da salvación.
Algo mellor están as cousas pola Primeira Autonómica, con 3 equipos en zona noble e outros 3 en zona baixa. O que peor pinta ten ultimamente é o Malpica, que tras 7 derrotas e 1 empate nos últimos 8 partidos, necesita sumar ante o Piloño si ou si para sair dos postos de descenso. Leva 7 xornadas sen vencer o Baio polo que tamén necesita a vitoria, igual que un Corme que vai en clara melloría.
Pola zona noble, o líder ten unha boa ocasión para escapar lixeiramente, e de paso facerlle un favor aos veciños en problemas, se vence ao Bertamiráns B. O Outes leva 5 xornadas se perder e quere seguir sumando ante o Sigüeiro.
Pero o partidazo da semana xogarase no Carral. O Sofán recibe, tras 8 xornadas sen perder, a todo un Cordeiro, que lle saca apenas 2 puntos. Pode encaramarse en postos de ascenso o cadro de Josito se vence e falla o Unión en Lousame.
O Mazaricos-Ponteceso parece o partido máis interesante da Segunda Autonómica. Dous dos sete equipos de arriba enfróntanse cara a cara no Pino do Val, e esperando ese resultado estarán o líder Zas, que non o terá sinxelo ante a Esteirana; o Fisterra, que recibe ao Buño; o San Lorenzo, que visita ás Redondas; o Baíñas que xoga ante o Cerqueda, ou o Castriz, que vai a Muros.
Xa na Terceira Autonómica terá que recuperar o Corcubión a xornada de descanso, unha vez que o Laxe está só a 2 puntos. Os corcubioneses visitan ao Seaia e o Laxe ao Camelle, ambos partidos complicados con equipos loitando pola Promoción. Descansa un Montelouro que parece o único disposto a pelexar por esas dúas prazas de ascenso directo cos de arriba, mentres o Castrelo gastará unha das súas últimas balas ante o Muxía para ver se entra na pelexa pola Promoción.
Veremos que fan os equipos dumbrieses nas Ligas Galegas nun sábado completo do mellor fútbol do país no Conco. Pola mañá os necesitados Cadetes e pola tarde os Xuvenís detrás do liderado.
E na Liguilla de Ascenso Xuvenil, gran partido. O sábado pola mañá en Fontenla, os dous campións de grupo, Xallas e Ponteceso, miden as súas forzas neste treito final de segunda fase.
Preferente Norte, xornada 22
Primeira Autonómica, xornada 20
Segunda Autonómica, xornada 20
Terceira Autonómica, xornada 17
Xuvenil - Liga Galega, xornada 20
Dumbría | 23/01 - 16:00 | Imperátor |
Cadete - División de Honra, xornada 20
Dumbría | 23/01 - 12:00 | Pabellón |
Xuvenil - Liguilla de Ascenso, xornada 2
Xuvenil - Liguilla copeira, xornada 2
Primeira Cadete, xornada 18
Primeira Infantil, xornada 18
AlevínCosta Sur F8, xornada 16
BenxamínCosta Sur F8, xornada 16
Veteranos, 1ª División, xornada 17
Veteranos, 2ª División, xornada 17
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).