Pide o teu libro sobre o Bayern de Pep

Xa falamos do salto internacional que está pegando unha empresa costeira como Fútbol Táctico. Unha revista referencia mundial coa que compartiremos contidos en breve, e que acaba de sacar o seu primeiro libro como editorial.

“Del Bayern de Munich al Bayern de Pep” é a primeira publicación da revista bergantiñá, publica a visión de Óscar Cano, unha das referencias da divulgación tácnica no fútbol internacional. Adestrador, formador de futuros adestradores, vai xa polo seu cuarto libro, moitos sobre o modelo e a metodoloxía do Barcelona, onde estivo moitos anos.

Pídeo e o levamos á túa casa

Se queres que che enviemos o libro directamente á túa casa. Só tes que enviarnos un correo a info@quepasanacosta.gal cos seguintes datos (nome e apelidos, dni, dirección e teléfono) e facer o ingreso de 31,85€ no seguinte nº de conta bancaria de La Caixa (ES54 2100 2322 4602 0010 0115), indicando o teu nome no recibo da transferencia. Tamén pode facelo a través da conta Paypal de tienda@futbol-tactico.com.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).