Poder costeiro no Torneo de Xadrez de Malpica

Gran participación no Torneo de Malpica Este pasado sábado día 22 disputouse o II Torneo Concello de Malpica, I memorial Ángel Rubio, 10ª proba do III Circuíto Intercomarcal Deputación da Coruña. Participaron un total de 58 xogadores de toda Galicia (Chantada, Lugo, Ferrol, Santiago, Padrón, Pontevedra, Vigo, Oviedo, O Bierzo Vilagarcía, Oroso, Coruña, Malpica, Cambre, Arteixo, Carballo, Val do Dubra, Zas, e Mazaricos) O torneo disputouse a 7 roldas con partidas de 10´ 3″ e era válido para ELO FIDE de rápidas, repartíronse 800€ en premios máis trofeos.
O corcubionés Luís Memarde (coas gafas) venceu o torneo de Malpica A cita serviu para que o corcubionés MF Luís Medarde confirmase o seu bo estado de forma xa que ven de xogar o I Maxistral Cidade de Compostela onde obtivo norma de Mestre Internacional. Luís quedou Campión do Torneo quedando por diante do MI Arián González (L. Ourensán). No 3º lugar con 5,5 puntos quedou o MF Jose Sande coruñés afincado en Ponferrada e habitual dos postos altos no circuíto, 4º MF Iván Andrés González de Oviedo, 5º o MI Diego Espiñeira (Padrón). O mellor xogador Local foi Iago García Outeiro e o segundo Paco Abella.
Paco Abella fixo un gran torneo na casa

Vindeiras probas

Quedan por disputarse dúas probas: 6 de Outubro en Cabana; e a clausura do circuito o 12 de Outubro en Carballo. Toda a info e as clasificacións do circuíto pódense consultar na web oficial www.pokeryajedrez.com.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/un-corcubiones-competindo-cos-mellores-do-mundo-no-i-maxistral-de-xadrez-de-compostela/