1ª Autonómica: Póker de disgustos

A vitoria do Sofán en Ames foi unha illa de positivismo nunha península decepcionante chamada Primeira Autonómica
Un Malpica mellorado case saca tres puntos - Foto: Wash Calvo   Malpica 4-4 Lesende
O novo Malpica parece que quere medrar - Foto: Luis Porto
Un Lesende con moitas caras coñecidas prantexou cara - Foto: Luis Porto
  • Campo: A Pedra Queimada
  • Malpica: Víctor; Álex Marquez, Casais, Kike, Moscoso, Eme, (Dímaga m.65), Petís, (Sergio m.73), Roi Carril, Mara, Jaco, Charro.
  • Lesende: Veni; Julio Sueiro, Toni, Carlos, Liñares, Adán, (Beto m.51), Fran, (César m.61), Berbe, Óliver, Cacho, Borja, (Adrián Sueiro m.69).
  • Árbitro: Fraga Viñuelas (A Coruña).
  • Goles: 1-0 m.6 Jaco; 2-0 m.15 Eme; 2-1 m.24 Carlos; 3-1 m.33 Roi Carril; 3-2 m.35 Cacho; 4-2 m.45 Jaco; 4-3 m.67 Cacho; 4-4 m.68 Óliver
A piques da reacción O Malpica tivo contra as cordas a un Lesende cheo de coñecidos da zona, e que por impulsos conseguir contrarrestar o arreón inicial dos de Chema. Foi notable a aportación do 'futsaller' Jaco, autor do primeiro tanto cun gran disparo. Tamén o exPorteño Roi aportou moito a balón parado. O carnotán Cacho estivo especialmente inspirado, para desgracia dos locais, que pagaron os despistes na zaga. Un minuto fatal, e con dous goles en contra, castigou aos bergantiñáns, que coas incorporacións dan síntomas de mellora   Bertamiráns B 0-2 Sofán
O Sofán mira xa para a cabeza - Foto: SD Sofán
  • Campo: Municipal
  • Bertamiráns B: Pablo Souto, Daniel (Adrian Conde m.81), Aitor, Saul Proupin, Meijide, Mateo, Jaime (Adrian m.61), Carlos (David Diaz m.70), Jimmy, Alvite e Jorge
  • Sofán: David Insua, Sito, Felix, Ruben (Alex Varela m.46), Adrian, Felipe (Xuco m.55), Ivan Rey (Seo m.46), Franchu, Insua, Raul (Brais m.64) e Doldán (Alex Pri m.62)
  • Árbitro: Buján Vidal (Santiago). Expulsou a David Insua (m.64). Amonestou a Rubén, Seo e Pri
  • Goles: 0-1 m.74 Xuco; 0-2 m.90 Álex Pri
Demasiado tarde para o que se dominou Mereceu moito antes a victoria un Sofán moi superior en Ames. Os carballeses, a pesares de quedar en inferioridade, foron moi superiores ao cadro local. Un monólogo estéril resultou un primer acto promiscuo en ocasións. Resultaron determinantes as entradas de Xuco e Álex Pri, que desequilibraron o choque   Cordeiro 3-1 Corme
  • Campo: Municipal de Valga
  • Cordeiro: Diego, Javi Taibo, Damián, Magariños, Diego Crego, Rubén, Bodaño (Mateo m.52), Manuel Ángel (Juanjo m.77), Gabri, Padín (Anxo m.89) e Manu
  • Corme: Susiño, Adolfo (Isaac m.83), Dani, Miguel Torrado, Sergio, Joshua, Diego (Alejandro m.83), Adrián Doldán, Toniño, Lucas e Eloy (Brais Torrado m.21)
  • Árbitro: Rodríguez Vaamonde (Lalín). Expulsou a Dani, do Corme (m.89) e a Juanjo do Cordeiro (m.87). Amonestou a Manu, Javi Taibo do Cordeiro
  • Goles: 1-0 m.19 Gabri; 2-0 m.22 Padín; 2-1 m.26 Miguel Torrado; 3-1 m.90 Mateo
Un choque xeracional O Corme, un dos conxuntos máis novos da categoría, puxo en certas dificultades ao líder e veterano Cordeiro, que cedo se atopou con vantaxe no marcador, e que manexou á perfección os tempos do encontro. Os visiantes fixeron dano cando sairon en velocidade e despuxeron dalgunha opción para meter o medo no corpo. Varios dos futbolistas pontevedreses dobraban en idade aos seus rivais.   Unión de Asados 3-0 Baio
  • Campo: Municipal de Vilas
  • Unión: Eloy Fungueiriño, Óscar, Dani Conde, Víctor, Pouso, Mauro, Carlos Mos (Mariño m.57), Walter (Álex Conde m.87), Seijas (Álex Lorenzo m.72), Santi e Manoliño
  • Baio: Pablo (Pollo m.68), Yago (Fachal m.56), Porto (Ramón m.74), Mario, Luis Alvite, Norberto, Peke, Moreno (Rubio m.78), Saleta, Luis (Martín m.46), Martín MC
  • Árbitro: Casal Barreiro (Boiro). Amonestou a Walter do Unión e a Norberto do Baio
  • Goles: 1-0 m.12 Norberto, en propia meta; 2-0 m.41 Pouso; 3-0 m.48 Manoliño
Demasiada papeleta Non foi quen de sacar alternativa o Baio ante un Unión de Asados enchufado e que moi cedo se atopou cun gol en propia meta dos costeiros. Con espazos, os do Barbanza foron letais e levaron o choque onde máis lles gustaba. O Baio apenas tivo opcións de protestar o dominio local no marcador.   Flavia 2-0 Outes
  • Campo: Do Souto
  • Flavia: Cristian, Rocha, Arufe, Triñanes, Esparís, Álex Pérez, Luis Alberto, Brais, Magariños (Otero m.67), Manuel, Damián e Kevin
  • Outes: Rama, Borja (Babu m.85), Pose, Maroñas, Samu, Veleiro (Jura m.46), Jorge, Chía (Pablo m.81), Elías, Piki e Iago Dosil
  • Árbitro: Rosende Porto (Santiago).
  • Goles: 1-0 m.10 Álex Pérez; 2-0 m.86 Otero
Inadaptados en Padrón Nunca estivo cómodo o Outes na súa visita a Padrón, onde o Flavia se adiantou moi cedo no marcador grazas a unha xogada persoal de Álex Pérez. Aínda que os locais non chegaron demasiado á porta rival, os de Roque tampouco foron quen de xerar situacións claras de perigo. O máis noticiable foi un gol anulado a Iago Dosil por posición dubidosa. Os costeiros, sen embargo, non lle atoparon o punto ao campo e nunca se sentiron dominadores, un choque frontal co seu estilo.   Tordoia 2-1 Soneira
O Soneira perdeu en Tordoia - Foto: SD Soneira
  • Campo: Gordullos
  • Tordoia: Santi, Dubra, Calviño, Jorge, Sergio Baleato, Antonio, Marcos (Álvaro m.58), Liste, Iván Noya (Nico m.82), Óscar e Denis (Javi Otero m.90)
  • Soneira: Josiño, Figueroa, Maikel (Fran de Urroa m.43), José Ramón, Aarón, Mayor (De la Sierra m.69), Mario (Alberto m.75), Basti, Javi, Alberto Vía e Martín
  • Árbitro: Piñeiro Lugo (Santiago).
  • Goles: 0-1 m.18 Basti; 1-1 m.63 Liste; 2-1 m.66 Iván Noya
Un castigo excesivo Deixouse unha muesca máis no mazo do ascenso o Soneira, que nin foi peor nin mereceu peor contra un Tordoia efectivo e pouco vistoso. Os vimianceses, con rotacións no once, se adiantaron cedo no marcador, como premio ao dominio e á realidade do encontro. Basti tirou de oportunismo para facer o primeiro, unha tendencia que non variaría ata o descanso. Un balón parado e unha contra acabarían por castigar sobremanera aos brancos nunha segunda parte na que tiveron vinte minutos estériles para igualar. Destacou o debut do meta Xuvenil Josiño, que pouco pudo facer nos goles.   Máis información

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).