Preferente: Alpes, Dolomitas e Pirineos

Dous puntos de nove para os equipos costeiros, pero contra rivais históricos como Mugardos, Arzúa e Betanzos; Soneira e Xallas tiveron vantaxes no marcador
O Sofán competiu en Mugardos, pero non pudo puntuar - Foto: SD Sofán Galicia de Mugardos 1-0 Sofán
Os vermellos perderon a balón parado - Foto: SD Sofán Campo: A Pedreira Galicia de Mugardos: Javi Prieto, Isi, Adrián Vázquez, Manu, Adrián Martínez, Nacho, Jorge (Coro m.86), Juancar (Zurzi m.71), Artay (Pablo Naya m.83), Quique (Plana m.78) e Permuy. Sofán: Fedeyo, Sito (Adrian m.75), David, Rubén, Felix, Fabián (Insua m.83), Eibe, Iván Rey (Seo m.66), Luis (Rojo m.75), Quintela e Raúl Árbitro: Calvelo Iglesias (Ourense). Amonestou a Adrián Vázquez, Quique, Zurzi e Plana do Mugardos Gol: 1-0 m.56 Adrián Martínez Esta vez a estratexia foi cruel Caeu o Sofán, despois de tres vitorias seguidas, na visita a un feudo sempre difícil como A Pedreira. Os carballeses prantexaron un cara a cara que deixou moita intensidade e poucas oportunidades de perigo. Foi unha acción á saída dun córner, con remate de cabeza de Adrián Martínez, o que rachou coas táboas. Houbo arreón final sofanista, pero infructuoso. Arzúa 1-1 Xallas Campo: Do Viso Arzúa: Óscar, Esteban, Oregón, Fenoy (Jorge m.80), Carril, Miguel, Guille (Suso m.68), Johmy, Diego Encjamio, Xocas (Roi m.55) e Navarro Xallas: Julián, Rubio, Bryan, Brais, Martín Barreiro, Canedo, Doro (Fernando m.80), Jesús, Álex Blanco (Róber Pladur m.81), Luisito e Marquiños (Kevin m.68) Árbitro: Mosquera Goce (Pontevedra). Amonestou a Martín Barreiro do Xallas Goles: 0-1 m.25 Álex Blanco; 1-1 m.38 Xocas Imaxe notable Punto importante para o Xallas no feudo dun Arzúa que a pasada tempada pelexou o ascenso a Terceira División. Os combeses adiantáronse grazas á intelixencia de Álex Blanco ao remachar a gol un rexeite de Fenoy tras centro de Luisito. Pouco durou a ledicia, e menos dun cuarto de hora despois Xocas aproveitaba un pase interior para igualar. A falta dun suspiro para o final Kevin estrelou un balón no pau. Soneira 2-2 Betanzos Campo: Municipal de Vimianzo Soneira: Anxo, Jota, Mayor, Aarón, De la Sierra (Darío m.63), Basti (Brais m.73), Javi (Dani Casal m.51), Alberto Vía, Pichi, Mario e Brais Mouzo Betanzos: Ángel Luis, Dorrego (Andrés m.58), Damián, Carlos, Luis, Christian Rey (Christian López m.76), Javi, Mauriz, Álvaro, Mon e Nico Árbitro: Soto Eiroa (A Coruña). Amonestou a Javi, De la Sierra, Pichi e Alberto Vía do Soneira; Andrés do Betanzos Goles: 1-0 m.51 Basti; 1-1 m.58 Mauriz; 2-1 m.70 Darío; 2-2 m.83 Álvaro Outra vez puntos 'gaseosos' Esfumouse a vitoria para o Soneira, por segunda semana consecutiva e outra vez ante un histórico. Esta vez era o Betanzos a ameaza, e novamente os vimianceses mereceron máis. Despois dun primeiro acto de alternativas e dominio branco, Basti aproveitou un balón franco para abrir o marcador. Igualou rápido Mauriz, pero Darío faría o segundo nunha boa incorporación. Adiantou liñas o conxunto brigantiño e a falta de sete minutos, nun desaxuste, acadou o empate.