Preferente: And the Oscar goes to... Xallas!

Terceira victoria consecutiva para 'El Renacido' cadro combés, que sae de postos de descenso e case de arrastre; todo o contrario para o Dumbría, quen fallou ante unha Milagrosa que honra co seu nome o que necesitarían os de Julián para permanecer na categoría  
Senra Sport patrocina a Preferente. Coñécenos en Facebook
Milagrosa - Dumbría (4-1)
  • Campo: Luis Gorgoso
  • Milagrosa: Tomás; Álex López, Diego, Alberto, Rubén; Luis Díaz, Alberte, David (Álvaro m.79), Óscar Díaz (Jonatan m.79) Charly y Yago (Javier m.65)
  • Dumbría: Iván Bouzón; Alcaina, Raúl, José, Pablo Conde; Aarón Fernández, Martín (Charly, m.57), Iago, Damián (Isma m.76); Diego Cespón y Javi (David Carreira m. 67)
  • Árbitro: Pastoriza Iglesias (Pontevedra).
  • Goles: 1-0 m.53 Luis Díaz; 2-0 m.70 Luis Díaz; 3-0 m.83 Jonatan; 4-0 m.87 José; 4-1 m.88 Charly
Reanudación ó vello estilo Despois duns primeiros corenta e cinco minutos dignos e con oportunidades, nos que incluso non sufríu defensivamente, o Dumbría afundiuse na súa visita a Lugo. A Milagrosa rachou o marcador no ecuador do segundo acto, e co cambio de plan costeiro aproveitou para resolver rápidamente. A madeira evitou incluso unha goleada maior.   Xallas 4-0 Villestro
  • Campo: A Fontenla
  • Xallas: Julián; Cristian, Víctor Vecino (Pablo Novo, m.60), Martín Barreiro, Tuñas (Kevin m.77); Fernando (Jesús, m.68), Canedo; Camilo, Doro, Anxo (Coria m.79) e Róber Pladur
  • Villestro: Vicente; Bruno, Capi, Alfonso, Sebas; Emilio (Pinaque m.71), Brais Vidal; Rial (Martín, m.71), Santi Crego (Álex Boo, m.46), Agustín (Pepe, m.46) e Uxío
  • Árbitro: Fariña Biasi (Pontevedra). Amonestou a Tuñas, Sebas e Uxío
  • Goles: 1-0 m.38 Róber Pladur; 2-0 m.60 Camilo; 3-0 m.73 Róber Pladur; 4-0 m.85 Kevin
A toda máquina Terceira vitoria consecutiva para un Xallas que deixa atrás os postos de descenso directo e acaracia o que sería a permanencia virtual, e todo ante un rival directo que vive unha realidade negativa. Sobresaínte foi de novo o papel do esteirán Róber Pladur, chave desde a súa fichaxe invernal. Da súa conexión co eterno Doro, que emitiu un pase en forma de onda gravitacional, naceu o primeiro tanto, pouco antes do intermedio e despois duns intres de sufrimento. O tanto de Camilo, de tiro raso e nos inicios da reanudación, inclinou decisivamente o encontro, que matarñian Róber, a centro de Anxo, e Kevin, en acción de Jesús.  

Máis información

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).