Preferente: Este morto estaba moi vivo

A mala imaxe do Xallas a pasada semana tivo unha sorte de 'efecto Halloween' coa primeira metade memorable ante o Atlético Arteixo; tamén enorme foi a vitoria do Sofán en Arzúa, ao que comeu con patacas de Coristanco e queixo local; a decepción pasou pola inxustiza de Vimianzo
Raúl, ante o exmeta do Depor e o Negreira Albor - Foto: SD Sofán Xallas 4-3 Atlético Arteixo
A festa en Santa Comba non empezou cando abriron os pubs, senón na Fontenla - Foto: Xallas FC Campo: A Fontenla Xallas: Julián, Luisito (Rubio m.73), Bryan, Brais, Martín Barreiro, Canedo, Doro (Jesús m.71), Fernando, Róber Pladur (Anxo m.78), Kevin e Camilo (Marcos m.72) Atlético Arteixo: José, Pablo Vigo (Novelle m.85), Mauro Lois, Geri, Chechu, Marcos Suárez (Vituco m.85), Pesco, Pupo (Aless m.46), Chote, Otero (Tomás m.46) e Santi Árbitro: Ferrol Muñiz (A Coruña). Expulsou a Tomás, do Arteixo (m.90). Amonestou a Luisito e Julián do Xallas; Jose do Atlético Arteixo Goles: 1-0 m.6 Doro; 2-0 m.24 Camilo; 2-1 m.33 Geri, de penaltii; 3-1 m.36 Róber Pladur; 4-1 m.41 Camilo; 4-2 m.66 Geri, de penalti; 4-3 m.88 Santi Cando regalan o DVD? Partido soñado e para enmarcar do Xallas contra un dos rivais con mellor trato de balón de toda a categoría, e no que militan algunhas institucións con botas do fútbol modesto galego. Despois da peor versión do curso vista a pasada semana, esta vez tocou un partido que sería unha mágoa que non estivese rexistrado en formato audiovisual. A primeira metade foi de manual en canto a inspiración e intensidade. Dous avisos precederon ao aínda así madrugador tanto de Doro, tras un pase interior de Fernando ao seu desmarque. Pouco despois, sería o esteirán Róber Pladur o que exercería de asistente para que Camilo batise a Jose por baixo. Non sabía por onde lle caía o equipo encabezado e dirixido por Marcos Suárez, que acurtaría distancias nun penalti de Martín Barreiro sobre a lenda do Sporting Ciudad santi, pero que vería como aínda lle conectarían dous directos ao mentón máis. Primeiro, nun córner executado por Doro que Róber remataba a gol, e pouco despois nun tiro raso de Camilo dentro do área. Só lle faltaba facer a ola á Fontenla nun descanso con público olliplático. Todo mudou nunha reanudación na que o Arteixo si foi ese rival temible que pintaba a previa, e que acabou por pechar aos combeses. Geri, nun discutido penalti, acurtaba distancias. Seguía o acoso mariñán, aínda que sen facer un terceiro chave, que si chegaría a tres minutos do final, cunha anticipación de Santi sobre Julián. Soneira 0-1 Ribadeo Campo: Municipal de Vimianzo Soneira: Anxo, Darío (Rubén Forján m.51), Jota, Aarón Fernández, Oscarín, De la Sierra (Mayor m. 51), Pichi (Javi m.51), Sandelo (Óscar de Maema m.75), Brais Mouzo, Basti e Alberto Vía Ribadeo: Tomás, Cube, Brais, Yoel (Santi Vázquez m.24), Martín Traba, Zoran (Marcos m.36), Poratti (Adrián m.58), Isma, Iván, Luki e Criss (Paulinho, min 46 Árbitro: García Vázquez (Ourense). Amonestou a Javi do Soneira e Cube do Ribadeo Gol: 0-1 m.25 Criss Polos cravos de Criss… Un gol en contra nun rexeite, ocasións perdidas e superioridade no xogo e na presencia ofensiva… e todo para uha bagaxe de derrota. Está a converterse nunha sorte de trending topic a expresión mala sorte para definir os últimos resultados dun Soneira que onte caía inxustamente fronte ao Ribadeo. Houbo certa igualdade nun primeiro tempo no que unha afortunada acción de Criss no área, ao resolver varios rexeites, Pichi tería a mellor dos vimianceses, pero esta vez no foi o salvador. Máis axeitado sería ese mote para o meta visitante Tomás, determinante ante Rubén Forján, Alberto Vía e Javi no segundo tempo. Apenas pasarían da medular os da Mariña lucense no segundo tempo, e aínda así foron quen de manter unha renta exasperante para calquera seareiro soneirán. Arzúa 1-3 Sofán
Non foi sinxelo o comezo en Do Viso - Foto: SD Sofán
Estes once homes 'comeron' queixo de Arzúa - Foto: SD Sofán Campo: Do Viso Arzúa: Albor, Oregon, Corral (Damián m.66), David Enjamio (Sergio m.46), Carril, Suso (Santi m.46), Miguel, Alvaro (Joaquin m.17), Diego Enjamio, Dani Mendez e Roi Peiteado Sofán: Dani Varela, Iván Rey, David Mespollet, Rubén, Félix, Álex Figueiras, Fabian (Sera m.85), Brais (Franchu m.71), Iván Rojo, Quintela (Adrian m.74) e Raul (Luis m.65) Árbitro: Valín González (Lugo). Amonestou a Carril e Dani Méndez Goles: 1-0 m.18 Oregón; 1-1 m.35 Quintela; 1-2 m.37 Iván Rojo; 1-3 m.42 Iván Rojo, de penalti Como devorar ao queixo mecánico O Sofán impúxose no campo dun case ascendido a Terceira División hai uns meses, e o fixo tras remontar un gol inicial e unha certa sensación de inferioridade. Un remate de Oregón ao saque dunha falta era a materialización no marcador dunha sensación de pesimismo que roldaba na expedición carballesa, espesa de máis nos intres iniciais. Todo cambiou como por arte fun feitizo a partir da media hora. Os minutos previos ao intermedio foron máxicos e decisivos. A intelixencia de Quintela e o acerto de Iván Rojo, tanto en xogada como de penalti, deixaron un resultado irremontable para os arzuáns. Raúl en varias ocasións tivo a goelada nas súas botas nunha segunda metade tranquila e ata sinxela para os de Josito.