Preferente: Mala sorte coas arbitraxes

Nin Dumbría nin Xallas acabaron contentos coa labor arbitral dos seus compromios ante Arzúa e Arteixo, respectivamente. Un empate que deixa ao cadro xalleiro en graves problemas, e que a día de hoxe sería equipo da 1ª Autonómica por mor dos arrastres
Oscarín co Xallas-Foto-Conchy Freire
Coñece as nosas ofertas a través do noso Facebook SenraSport   Arzúa 2-1 Dumbría
  • Campo: O Viso
  • Arzúa: Adrián; Guillermo, Óscar (Alejandro, m.88), Fran Pampín (Jesús, m.66), Daniel, Miguel, David (Esteban m.64), Diego, Sergio (Jesús García m.50); Álvaro e Jesús Prieto
  • Dumbría: Iván; José, Iago (David Carreira m.86), Pablo Conde, Canario, Javi (Isma m.53, Aarón Fernández, Diego Cespón, Raúl (Mauro m.82); Manu Nogueira e Charly (Marcos m.64)
  • Árbitro: Castro Peralta (Lugo). Amestou a Iván, Iago, Manu Nogueira do Dumbría
  • Goles: 0-1 m.38 Charly; 1-1 m.76 Álvaro, de penalti; 2-1 m.90 Miguel
Non lle deixaron Non se xogaba nada, pero o Dumbría non pudo competir de igual a igual cun Arzúa que tivo unha considerable axuda arbitral. Os costeiros, que xogaron case unha hora por diante no marcador, xa evitaron unha pena máxima a gol dos locais antes do primeiro minuto de encontro.   Xallas 0-0 Atlético Arteixo
  • Campo: A Fontenla
  • Xallas: Julián, Cristian, Óscar, Hugo, Barreiro (Fuentes m.89), Fernando, Doro, Jesús, Róber Pladur (Coria m.77), Anxo (Camilo m.65) e Kevin
  • Atlético Arteixo: Manu, Aless, Pablo Vigo, Javi, Róber, Nano (Cristian m.74), Chechu, Santi (Miguel Leis m.81), Marcos Suárez, Pesco (Peloto m.58) e Iván (Adrián Otero m.53)
  • Árbitro: Pérez Montouto (A Coruña). Expulsou a Róber, do Arteixo (m.89)
Meritorio punto do Xallas
Imaxe do tristemente falecido seareiro do Xallas Deixou o Xallas fóra dos postos do ascenso a un Arteixo que dominara a Preferente máis de tres cuartas partes da liga. Non foi un encontro de demasiadas oportunidades, e si unha marcaxe en curto entre dous equipos que se coñecen á perfección. A polémica chegaría a cinco minutos do final, cando os locais reclamarían unha pena máxima por derribo sobre Camilo. Por outra banda, a familia combesa lamentou o falecemento dun dos seus máis ferventes seareiros, Gustavo o do Quad.  

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).