Preferente Norte: un so empate, pobre balance
13 de novembro de 2017 (10:36 h.)
Andan de capa caída os nosos representantes mais sobranceiros, os da Preferente. So o Xallas logrou puntuar, confirmando a melloría das últimas xornadas, ante un candidato ó título como é o Lugo B. Dumbría e Sofán caeron na casa, en encontros de diferente desenrolo pero idéntico final, ante o líder Paiosaco os de Dumbría e ante o Betanzos o Sofán.
XALLAS 1 - POLVORÍN 1
XALLAS: Coki, Cristian (Puyi 61´), Pablo Vigo, Raúl Añón (Dani Becerra 85´), Alex Canedo, Borja Gándara, Kevin (Camilo 63´), Fernando, Alex Blanco (Uxío 55´), Marquiños (Doro 71´) e Julián
GOLES: 1-0 70´Marquiños 1-1 80´Cuadrado
O filial do Lugo non puido co Xallas en Fontenla
Competiu moi ben este novo Xallas ante un dos favoritos ó título, o filial lucense. Os visitantes tiveron o balón durante o primeiro tempo pero sin crear excesivo perigo. Coki tivo que sacar cos pes un bo disparo de Cuadrado a pouco do descanso. Por parte local, Alex Blanco e Pablo Vigo tiveron opcións de gol nestes 45 minutos iniciais.
No segundo tempo estivo a piques de adiantarse o Polvorín nun disparo cruzado de Javi Rey. Coki foi o heroe ó deter un penalti ó propio Javi Rey. Esta parada espertou ós locais. Unha combinación entre Camilo e Marquiños acabou cun tiro cruzado deste ó fondo das mallas. Puido sentenciar Doro pero o seu remate saíu alto. Nun novo penalti Cuadrado estableceu o empate definitivo.
DUMBRÍA 1 - PAIOSACO 3
DUMBRÍA: Sergio, Julito (David Carreira 68´), Raúl (Mataso 68´), Iago, Matías (Thiago 87´), Aarón, Mackay, Edu (Cachadiña 77´), Marcote, Cespón (Mauro 77´) e Yuyo
GOLES: 0-1 44´Iván Amor 0-2 58´Iván Amor 0-3 75´Bam Bam 1-3 79´Yuyo
Non puido o Dumbría cun enrachado Paiosaco, que coa vitoria de onte amplía distancias cos seus perseguidores ó frente da tabla clasificatoria. O Dumbría, que está a notar en demasía a baixa do seu gardameta Bouzón, aguantou ata o borde do descanso, onde un tanto do carballés Iván Amor adiantou ós visitantes. Este gol dos chamados psicolóxicos afectou ós locais, que viron como na reanudación o Paiosaco, por medio outra vez de Iván Amor e de Bam Bam sentenciaba o encontro. O gol de Yuyo so maquillou o resultado final.
SOFÁN 1 - BETANZOS 2
S.D.SOFÁN: Javi Rumbo, Iván Rey, Pablo Domínguez, Sera, Sito (Juanjo 84´), Canedo, Eibe (Jonathan 68´), Fabián (Matías 21´), Juan de Dora, Alexandre e Quintela
GOLES: 0-1 19´ Artai 1-1 22´Eibe 1-2 83´ Borja Señarís
Juan de Dora non anotou desta vez
Vaia partido se lle escapou onte á SD. Os de Cancela perdoaron e pagárono nun erro nun córner faltando pouco para o final. Saíu mellor o Betanzos, dominando e creando perigo, e adiantouse nunha gran xogada de Artai. Reaccionou a SD, e pediuse penalti por claro empuxón a Juan de Dora. Pouco despois un derrubo a Quintela si que o viu o arbitro e Eibe igualou a contienda. Tivo o segundo Juan de Dora nun claro man a man pero Miguez fixo un paradón e evitou o tanto.
O segundo tempo foi de dominio local pero sen definición na area. A ocasión mais clara foi un man a man de Quintela pero outra vez o porteiro do Betanzos estivo sensacional. O colexiado escamoteou outro penalti a Alexandre. O ataque da SD foi infructuoso e nun erro á saída dun córner o Betanzos atopouse cunha vitoria coa que non contaba.