Preferente: O combés que subiu unha colina

As milagres se constrúen como Xallas e Dumbría nunha semana atípicamente redonda en Preferente
O mito Doro executa un córner en Bembibre - Foto: Xallas
Senra Sport patrocina a Preferente. Coñécenos en Facebook   Dubra 0-1 Xallas
  • Campo: Juan Baleato
  • Dubra: Cheli, Leites, Pablo, Cholo, Juan Caneda, Ángel (Martín Vieites m.86), Ferreiro, Sampedro (Roberto m.64), Eloy, Adrián Vázquez (Álvaro m.83) e Dani Moto
  • Xallas: Julián, Cristian (Fuentes m.78), Óscar, Pablo Novo, Barreiro, Canedo, Doro, Fernando, Coria (Róber m.82), Camilo (Anxo m.70) e Marcos (Kevin m,78)
  • Árbitro: López Fernández (Pontevedra). Amonestou a Leites, Eloy do Dubra; Coria, Canedo, Marcos, Barreiro, Cristian e Doro do Xallas
  • Gol: 0-1 m.84 Doro
O capitán é máis grande que calquera Lección maxistral e máxica do Xallas no feudo dun Dubra que de ter puntuado podería ser líder da Preferente. Nun encontro de rivalidade xeográfica os de Santa Comba foron mellores en tódolos sentidos, e se non marcaron antes foi ou ben por falta de puntería ou polo acerto dun coñecido coma Cheli. Coria en dúas ocasións, e Fernando, cun remate ao pau, avisaron nos primeiros corenta e cinco minutos. Medrou o cadro de Chus Baleato na reanudación, pero o traballo grupal combés mantivo ao equipo con vida. Xusto ata que o esteirán Róber Pladur desbordou por banda, gañou línea de fondo e saocu un pase para a incorporación do capitán Doro, que non marrou para darlle ao seu equipo tres puntos fundamentais e morais.   Dumbría 2-1 Puebla
  • Campo: O Conco
  • Dumbría: Iván Bouzón, Alcaina, Raúl, Jose, Pablo, Aarón, Juan de Dora (Marcos m.90), Iago, Damián (Charly m.77), Diego Cespón e Javi (Jesús m.12)
  • Puebla: Juan, Choco, Curu, Rial, Richi (Alcalde m.65), Moure, Piñeiro, Treus, Sera, Picos e Josmi
  • Árbitro: Mosquera Goce (Vigo).
  • Goles: 1-0 m.12 Aarón; 1-1 m.22 Sera; 2-1 m.84 Charly
A fe e o cravo ardendo O Dumbría acadou unha victoria desas para manter viva a lumarada da ilusión, ante un Puebla que a piques estivo de acadar un punto a todas luces excesivo. Aarón, de cabeza nun saque de banda de Raúl, fixo o primeiro dos locais, que pronto quedarían sen renta tras igualar Sera nun córner. Iván Bouzón foi decisivo ao deter un penalti con 1-1, e Charly, tras unha gran asistencia de Diego Cespón, resolveu para un Dumbría que todavía cre.  

Máis información

Fonte

    • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).