Preferente: Proba de estoicismo

O destino parece poñer a proba a paciencia de Soneira (sen Manolito no banco) e Sofán, que novamente estiveron a piques de acadar resultados positivos en feudos moi difíciles; só o Xallas, fiel a dous meses tremendos, trouxo puntos para a Costa
Chechu, ante Félix, protagonistas da xogada decisiva - Foto: SD Sofán Agrupación Estudiantil 3-1 Soneira Campo: San Martiño Agrupación Estudiantil: José, Pablo Carabán, Brais Calvo, Alfonsito, Colón (Roberto m.76), Alberto, Diego Peña, Mateo (Gorka m.59), Juanín, Brais Vidal y Peiteado (Jacobo m.56) Soneira: Anxo, Raúl Añón (Darío m.78), Jota, Aarón Fernández, Brais, Óscar de Maema, Alberto Vía, Óscar (Javi m.72), Rubén Forján, Pichi e Sandelo Árbitro: Mazaira Rodríguez (Ourense). Amonestou a Raúl Añón, Jota e Óscar de Maema do Soneira Goles: 1-0 m.28: Brais Calvo, de penalti; 1-1 m.48 Pichi. 2-1 m.59 Colón; 3-1, m. 78: Brais Calvo A media hora Non era a de Loimil a visita máis propicia para que o Soneira voltase con tres puntos, a pesares da boa imaxe deixada polos de David Velo. Os costeiros lograron sobrepoñerse incluso ao gol inicial de Brais Calbo, á media hora desde os once metros. Foi de novo o capitán Pichi o que á volta dos vestiarios e nunha boa opción acadou a igualada. O paso dos minutos e a insistencia dos do Deza acabaría por dar os seus froitos. O santiagués Colón, ex do Montañeros, tirou de clase para facer o segundo. Foi estéril a intentona vimiancesa e, con espazos, o canteirán do Deportivo Brais Calvo foi letal para matar a cita. No banco non estivo xa Manolito, que abandonou a disciplina branca, e si David Velo Atlético Arteixo 3-2 Sofán
Iván Rojo, perseguido por Geri Malaj - Foto: SD Sofán Campo: Ponte dos Brozos Arteixo: Lestón, Aless, Chote, Javi, Pablo Vigo; Pesco, Novelle (Denis m.56), Geri (Santi m.56), Chechu, Pupo (Montes m.71), y Vituco (Otero m.71) Sofán: Fedeyo; Sera, Sito, Félix, David Mespollet; Fabián (Álex Varela m.91), Javicho (Álex Figueiras m.81), Jacobo Eibe (Brais m.94); Luis e Iván Rojo (Raúl Insua m.86) Árbitro: Otero Domínguez (A Coruña). Expulsou a Félix (m.90) do Sofán. Amonestou a Javi, Otero e Pablo do Arteixo Goles: 0-1 m.19 Iván Rojo; 0-2 m.30 Luis; 1-2 m.60 Pablo Vigo; 2-2 m.78 Santi; 3-2 m.90 Santi Un castigo dobremente cruel Unha hora foi amo e señor o Sofán da cita en Ponte dos Brozos, onde puxo ata dous goles de por medio respecto ao Atlético Arteixo e manexou un guión que respostaba perfectamente aos seus intereses. Ante un dos maiores defensores da posesión do esférico, os carballeses optaron por renunciar á mesma e buscar as saídas con espazos, e aí resultaron letais. Iván Rojo e Luis anotaban dous goles baixo os patróns básicos do contragolpe, mentres que na línea de flotación o traballo de contención de Fedeyo era perfecto (tamén axudou o pau nun disparo de Pesco). Vista a sangría, o Arteixo optou por reconsiderar a súa proposta na reanudación, na que tirou dun fútbol máis directo. O camariñán Pablo Vigo acurtou distancias, e Chote e de novo o zurdo avisarían antes da igualada. Acostumado a rendir de notable alto no balón parado, atopou máis problemas dos habituais esta vez o Sofán. O pequeno centrocampista Santi, ex de Sporting Ciudad e Soneira, estivo máis listo que toda a expedición sofanista para igualar de novo nun córner. A tendencia invitaba ao pesimismo, pero non se intuía a crueldade do como. Un moi protestado penalti de Félix ao veterán Chechu cu tempo xa cumprido acabaría por deixar a cero aos bergantiñáns, que veían como a propia lenda do Orillamar resolvía desde os once metros. Xallas 2-0 Sarriana
O Xallas celebrou un novo triunfo - Foto: Xallas FC Campo: A Fontenla Xallas: Julián, Cristian, Brian (Rubio m.74), Brais, Sergio, Camilo (Luisito m.67), Fernando, Iván, Marcos (Kevin m.61), Ángel (Róber Pladur m.83) e Martín Sarriana: Pita, Luisma (Arias m.86), Bryan (Hugo m.65), Youssef, Muñiz, Raúl, Diego, Fran (Monchito m.32), Rubén, Ramiro e Fran Pastor (Carlos m.57) Árbitro: Calvelo Iglesias (Ourense). Amonestou a Brais do Xallas; Fran Pastor, Monchito e Carlos da Sarriana Goles: 1-0 m.30 Brais; 2-0 m.69 Kevin Sen tolear Manexou á perfección os tempos do partido o Xallas, ante unha Sarriana que foi de máis a menos e que protagonizou unha presión adiantada. Poucas accións de perigo deixou o primeiro acto, no que só a intelixencia de Fernando rachou coa monotonía. Nunha segunda xogada tras saque de curruncho ponía un balón ás costas da defensa, controlaba Brais e resolvía ante Pita. A vantaxe fixo que os combeses pensasen nun plan B para os segundos corenta e cinco minutos. Marcos e Camilo debían ser protagonistas en velocidade. O primeiro centraría para que Doro puxese o 'ui' na grada, mentres que o segundo foi o puñal. Pero a sentencia tería de novo por protagonista a Fernando, que nun pase por enriba da defensa asistiu a Kevin, que tamén optou pola vaselina ante Pita. A nota negativa do encontro foi a lesión de Bryan.