Preferente: Querido Santa Claus...

Como se fose unha peña atlética, o Xallas nunca deixou de crer, nin case descendido según moitos en Nadal, e acabou por selar unha permanencia en forma de milagre
Castro 1-2 Xallas
Coñece as nosas ofertas a través do noso Facebook SenraSport
  • Campo: Municipal de Castro
  • Castro: Yebra, Jairo, Dumi, Suso (Tanketín m.49), Juanma, Novo, Palomo (Alvarito m.68), Xaime, Buide (Iván González m.82), Nano e Marino
  • Xallas: Julián, Cristian, Hugo, Vecino, Martín Barreiro, Canedo, Kevin, Jesús (Anxo m.75), Coria (Róber Pladur m.71), Fernando e Camilo (Marcos m.60)
  • Árbitro: Soage Fernández (Vigo)
  • Goles: 0-1 m.56 Kevin; 0-2 m.71 Kevin; 1-2 m.81 Xaime, de penalti
Dicía o gardamallas Julián ao terminar o partido do Xallas en Castro de Rei: "En Nadal dicían que estabamos en Primeira, agora estamos salvados". Algún anónimo xalleiro debeu ter sido moi bo no 2015 e escribiu unha carta agraciada a Santa Claus, que na Laponia recibiu o encargo da permanencia dos de Santa Comba. Só así, ou en virtud dunha fe inquebrantable, pode entenderse a milagre da permanencia, finalizada hoxe cun triunfo no campo do campión da Preferente Autonómica. En Nadal, por exemplo, o Xallas loitaba por escapar da última praza, xunto a un Dumbría ao que acabou por sacarlle 25 puntos. Algunhas das chaves da permanencia saíron á luz no Municipal de Castro. Nomeada a fe, a segunda é a orde que acadou un equipo que xoga con menos riscos, coas ideas máis claras, e que sobre todo defende moi ben. Nin unha oportunidade clara de perigo lle fixeron os lucenses na primeira metade. Certo é que o clima era totalmente festivo, pero tamén o once local era o habitual de todo o curso. Non escatimou en valentía o equipo e buscou o gol sen descompoñerse durante ese acto inicial de nervios. Coria e Hugo marraron ante a portería do Castro en dúas saídas rápidas tras recuperación. Non era o día do punta uruguaio, que aínda perdoaría outra opción máis. Con Róber agardando a súa no banco e Coria con menos fortuna do habitual, o home da permanencia foi Kevin. Seus foron os dous tantos que apuntalaron o éxito. O primeiro, ao pouco de reanudarse o partido, tras un gran pase dun Jesús notable. E para sentenciar, co Castro sen volcarse de todo e o equipo ben prantado, ao aproveitar unha asistencia de Fernando. Estaba todo feito, a pesares de que os rivais directos estaban a cumprir nos seus compromisos. E nin o penalti convertido por Xaime pudo coa vontade dun Xallas que ven de acuñar iso do Atlético de Madrid para Milán. Que nunca deixou de crer. Grazas Santa Claus.
 

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com)