Preferente: Tiña que ser

O Xallas levou un encontro que debía vencer si ou si para seguir con opcións de eludir o arrastre a Primeira
Coñece as nosas ofertas a través do noso Facebook SenraSport O Val 1-2 Xallas
  • Campo: Sinde
  • O Val: Alexandre (Rafa m.68), Termi, Borja (Óscar, min 46), Choche (Simón, m,.68), Álex, Brandeiro, Iago, Alberto (Artai m.46), Pablo, Damián e Josiño (Cris m.55).
  • Xallas: Julián, Cristian (Víctor m.59), Oscarín, Doro (Rachón m.93), Hugo, Kevin, Jesús, Camilo (Marquiños m.78), Novo, Fernando e Róber Pladur (Anxo m.69)
  • Árbitro: Casal Fernández (Vigo). Amonestou a Alexandre, Iago e Alberto de O Val; Víctor do Xallas
  • Goles: 1-0 m.19 Iago; 1-1 m.30 Jesús; 1-2 m.43 Álex, en propia meta
Un pasiño máis Era fundamental e condición sine qua non para o Xallas vencer en O Val, ante un rival descendido. E todo tornouse máis difícil no inicio da cita, co golazo local desde o centro do campo, e tamén polo penalti desperdiciado por Jesús, que resolveuno no rexeite. Foron superiores os combeses, e antes do intermedio un centro de Doro tocou no local Álex e o balón acabou no fondo da portería. Fútbol control dos verdes nun segundo acto baixo control.   Dumbría 1-1 Lemos
  • Campo: O Conco
  • Dumbría: Iván Bouzón, Pablo Conde (David Carreira m.36), Samuel, Iago, Aarón, Marcos, Raúl (Isma m.73), Romaní (Edu m.65), Charly (Javi m.60), Diego Cespón e Juan
  • Lemos: Alexandre, Donado, Lamas, Diego, Adrián (Borja m.86), Ibra, Roberto, Leo, Miguel Ángel, Diego e Gustavo
  • Árbitro: Eles Tireux (Santiago). Amonestou a Iago do Dumbría; Adrán, Ibra e Diego do Lemos
  • Goles: 1-0 m.28 Aarón; 1-1 m.54 Diego
Unha igualada digna Deixou unha boa imaxe un Dumbría con moitos canteiráns e novidades no seu once. Os costeiros foron superiores a un Lemos con moi pouca convocatoria e sen demasiado ansia, aínda que ben prantado no terreo de xogo. O gol de Aarón, nun bo remate, fixo que manexeran o partido os de Ferreiro, pero un desaxuste á volta do descanso foi crítico.  

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).