Preferente: Un punto menos para acadar a salvación

Continúa o Soneira na zona media alta tras o empate colleitado no Castro ante o pechacancelas da categoría. E o conseguía tras unha semana de descanso nesta incoherente Preferente Norte de 21 equipos. Así, os de Manolito mantéñense na 8ª praza con 35 puntos, noi lonxe dos postos perigosos.

Castro - Soneira (1-1)

  • Soneira: Fran; Ferreiro, Pablo (Vía Rápida, min.75), Javi, Miguel, Santi, Victor García (Fran de Urroa, min.70), Michel, Iago (Darío,min.60), Vituco, Kike (Mario, min.75).
  • Gol: 1-0, min.65: Michel; 1-1, min.67.
Moito aire, o que propiciou un partido lento con moitas interrupcións. Non estivo fino o Soneira na primeira metade. E na segunda, cando mellore estaba o Soneira, e marcaron por medio de Míchel, o Castro empataba dous minutos depois. Faltou a sorte de outros partidos, pero os de Manolito acadaron un punto máis.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).