Preferente: Unha permanencia D'oro

O capitán mantén con vida ao Xallas, cun gol a sete minutos do final do encontro fronte á Sarriana; menos fortuna tivo un Dumbría fallón en ataque e defensa.
Doro sempre clave no Xallas-Foto-JP
Senra Sport patrocina a Preferente. Coñécenos en Facebook

Xallas - Sarriana (2-1)

  • Campo: A Fontenla
  • Xallas: Koke, Cristian, Óscar, Víctor Vecino (Pablo Novo m.60), Martín Barreiro, Canedo, Doro, Jesús (Fernando m.53), Róber Pladur (Coria m.72), Marcos e Camilo (Anxo m.63)
  • Sarriana: Iago, Luisma, Sito, Roberto, Chavea, Raúl (Brian m.84), Samos (Cactus m.27), Fran, Nico, Félix (Marino m.55) e Diego (Carnero m.75)
  • Árbitro: Pérez Dapia (Ourense). Amonestou a Jesús do Xallas; Luisma, Chabea, Raúl e Nico da Sarriana
  • Goles: 1-0 m.30 Camilo; 1-1 m.70 Nico; 2-1 m.83 Doro
Pon un Doro no teu sono Un gol de Doro a falta de sete minutos para o final deulle ao Xallas un triunfo en forma de visa para un sono, ou para unha permanencia. Foi xusto o premio para os combeses, que se adiantaran á media hora cun disparo raso de Camilo tras deixada de Róber Pladur. Os lucenses, cheos de exfutbolistas do Racing Villalbés, igualaron a vinte do final, tras batir o punta Nico a Koke. O meta resultou determinante coas súas paradas, ao igual que o capitán Doro, nun remate afortunado, ao darlle a victoria cando a onte xélida Fontenla xa cheiraba outra igualada.   Dumbría - Paiosaco (1-3)
11 do Dumbría-Foto-JP
  • Campo: O Conco
  • Dumbría: Iván Bouzón, Alcaina, Raúl, Jose, Pablo Conde, Aarón, Jesús (Damián m.57), Iago, Brais (Denis m.72), Diego Cespón e Javi (Juan de Dios m.65)
  • Paiosaco: Rama (Rubén m.80), Mante (David Castro m.64), Pablo, Zalo, Ventola, Javi Fuentes, Josiño (Porti m.67), Josito, Manja (Iván Amor m.57), Diego Lois e Ivi (Jon m.72)
  • Árbitro: Seijas Rodríguez (A Coruña). Amonestou a Pablo Conde, Aarón, Iago do Dumbría; Manja do Paiosaco
  • Goles: 0-1 m.38 Josiño; 0-2 m.53 Javi Fuentes; 0-3 m.77 Iván Amor
Segundas partes nunca foron boas Un inicio bo do Dumbría, freado coas súas paradas polo xoven meta Rama, foi unha invitación ao optimismo que o Paiosaco se encargou de afundir con efectividade. Un erro na cesión a Iván Bouzón, pouco antes do descanso, provocou o tanto de Josiño e o comezo do fin para os costeiros. Javi Fuentes, tras un rexeite, e Iván Amor, nunha boa xogada de equipo, decidiron.    

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).