1ª Autonómica: A VRJ, como a MSN
14 de marzo de 2016 (14:18 h.)
Vía, Javi e Richi selaron o triunfo do Soneira sobre o Outes, que achega un pasiño máis o título; non renuncia a nada un Sofán cun tarde sinxela, nin a salvarse un Baio incombustible
O Sofán non tivo demasiados problemas - Foto: SD Sofán
A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com
Sofán 5-1 Carcacía 11 do Sofan-Foto-SD
… E o que pudo ser
Tarde prácida no Carral - Foto: SD Sofán
O Sofán goleou sen compasión e sen demasiadas dificultades ao colista da liga, que non encaixou o primeiro ata mediada a primeira metade, pero que antes diso ben podía ter levado tres ou catro tantos enriba. Con catro goles de diferencia ao descanso, prácitcamente sobrou un segundo acto cheo de trocos e con menos ritmo que o inicio. Os locais non fixeron sangue e os visitantes non tiveron demasiados recursos.
Val do Ulla 4-1 Malpica
Imaxe da formación inicial do Malpica onte - Foto: Luis Porto
Soneira-Outes-Foto-SD
Baio en Bertamiráns-Foto-Santi Soneira
Capis do Bertamirans e Baio (Martín, claro)-Foto-Santi Soneira
Bertamirans B-Baio-Foto-Santi Soneira
Traballadísimo punto
Non cedeu a pesares das baixas e os contratempos o Baio na súa visita ao campo máis pequeno de Primeira Autonómica. Os costeiros, que se foron con vantaxe ao descanso, pagaron en exceso a falta de profundidade de banco, ademais de imprevistos como os problemas físicos de Martín, chave á hora de manexar marcadores favorables. A ofensiva final tivo o seu premio cun bo tanto de Christian.
Agolada 5-0 Corme
Agolada-Corme-Foto-FIn Lema
Agolada-Corme-Foto-FIn Lema
Sofán 5-1 Carcacía
- Campo: O Carral
- Sofán: Brais Vázquez, Iván Rey, Adrián, Rubén, Sito (Álex Varela m.46), Seo, Pablo Martínez (Franchu m.46), Luis, Brais Barreiro (Insua m.58), Javi (Alex Pri m.46) e Raúl
- Carcacía: Fran (Poli m.46), Esperón, Antonio, Barreiro, Tourís, Isma, Rosende (Waldir m.57), Sergio (Ruben m.64), Chino (Javier m.71), Juan e Rodrigo (Miguens m.33)
- Árbitro: Vázquez Penas (A Coruña). Expulsou a Barreiro, do Carcacía (m.30). Amonestou a Iván Rey, Fran do Sofán; Antonio, Juan e Esperón do Carcacía
- Goles: 1-0 m.24 Javi; 2-0 m.30 Raúl; 3-0 m.31 Javi; 4-0 m.44 Raúl; 5-0 m.67 Luis; 5-1 m.69 Chino
- Campo: O Coto
- Val do Ulla: Álvaro; Álex, Óscar Pintor, Carlos, Martín, Neiriña, Luis,(Gonzalo m.77), Alberto, (Miguel Ángel m.59), Jordan, (Javi m.55), Martín Rei, (Óscar Parada m.72), Raúl
- Malpica: Ángel; Casais, Carlos Mallo, (Víctor m.72), Moscoso, Lolo, Álex Márquez, Eme, Eloy Vilas, Petís, (Dímaga m.46), Jaco, Alberto Márquez
- Árbitro: Val Castro (Santiago). Expulsou a Óscar Moscoso, do Malpica (m.25).
- Goles: 1-0 m.25 Alberto, de penalti; 2.0 m.47 Martín Rei; 2-1 m.60 Eloy Vilas; 3-1 m.88 Gonzalo; 4-1 m.92 Neiriña
- Campo: Municipal de Vimianzo
- Soneira: Anxo, Darío (Cristian m.65), Brais Mouzo (Maikel m.80), Jota, Aarón, Mayor, Mario (De la Sierra m.78), Richi, Basti, Javi (Martín m.78) e Alberto Vía
- Outes: Mosto, Borja, Pose, Maroñas, Jura, Kim (Veleiro m.71), Chía, Davi (Álvaro m.84) Piki, Yago Dosil (Santi m.71) e Babu (Pablo m.46)
- Árbitro: Zas Vázquez (A Coruña). Amonestou a Jota, do Soneira
- Goles: 1-0 m.7 Alberto Vía; 2-0 m.18 Javi; 2-1 m.49 Chica; 3-1 m.71 Richi
- Campo: Municipal
- Bertamiráns B: Pablo, Dani Fernández, Jorge, Aitor, Álex, Alberto, Jaime, Carlos (Martín m.59), Jimmy, Mateo (Adrián m.46) e Gonzalo (Alexandre m.12)
- Baio: Pablo, Fachal, Porto, Mario, Luis Alvite, Norberto, Brais, Martín (Rubio m.22), Christian, Luisito e Martín MC
- Árbitro: Otero Varela (Santiago). Amonestou a Álex e Aitor do Bertamiráns B; Brais, Mario e Pablo do Baio
- Goles: 0-1 m.38 Luisito; 1-1 m.63 Jaime; 2-1 m.72 Alexandre; 2-2 m.85 Christian
- Campo: Hospitalillo
- Agolada: Rafa, Carlos (Rubén Varela m.46), Miguel Ángel, Pablo (Juanjo m.77), Diego, Rubén, Otero (Sergio m.81), Tarrío, Alexandre, David (Gabri m.73) e Aitor
- Corme: Jose, Adolfo, Dani, Alejandro, Joshua, Diego, Juan Chans, Adrián Doldán (Jose m.68), Brais (Susiño m.77), Lucas e Eloy
- Árbitro: Rego Rodríguez (Lalín). Expulsou a Miguel Torrado (m.32). Amonestou a Eloy, Lucas, Diego e Jose do Corme
- Goles: 1-0 m.11 Aitor; 2-0 m.37 Pablo; 3-0 m.70 Aitor; 4-0 m.72 Aitor; 5-0 m.90 Aitor
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).