1ª Autonómica: Preferentemente, que sexan dous
21 de marzo de 2016 (10:55 h.)
Novo paso camiño ao ascenso dun Soneira que aproveitou o erro do Unión, como tamén fixo un Sofán que se mete en puntos de ascenso e foi quen de sacar un duro compromiso en Outes; a xornada na loita pola permanencia foi tamén marabillosa
Un mito coma Padín visitou Malpica - Foto: Luis Porto
A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com
Outes 2-3 Sofán Impúxose o Sofán nun gran partido no Cunchido - Foto: SD Sofán
Acadou o Sofán unha remontada desas que marcan a diferencia entre unha boa e unha histórica tempada. Os carballeses, que perdían 2-0 aos vinte minutos, voltearon o marcador nun feudo 'volcado' sentimentalmente coa formación local. Piki remachara a gol unha boa acción de Iago Dosil, e David Sampedro aumentara a conta desde o punto de penalti. Era o intre crítico para os sofanistas, que empezaron a crer nun penalti a sete minutos do intermedio, pero Raúl estrelou o lanzamento non longueiro. Pero pouco despois Javi, tras un gran centro de Luis, cabeceaba a gol o 2-1, antesala do impensable empate tamén previo ao 'break'. Un libre indirecto dentro do área, con rexeite de Alejandro, remachouno a gol Raúl. O ex do Vizoño resultaría chave na remontada total, xa de volta, tras outra gran acción de Luis. Non acusou os mazazos un Outes que aínda se recuperaría e vería como lle anulaban un gol e como o Sofán pedía a hora nunha ordeada resistencia.
Piloño 1-3 Soneira
O Soneira triunfou no Camballón de Piloño - Foto: SD Soneira
Baio 3-1 Tordoia
MC, casta e fe
Un novo escalón cara a permanencia subiu un Baio superior ao Tordoia e que tivo en MC ao seu home franquicia. O punta da casa inventou dúas accións persoais para poñer en franca vantaxe aos seus, que apenas sufriran defensivamente. Medrou o Tordoia nunha segunda metade onde o fútbol directo foi a súa aposta, e co tempo case cumprido foi efectiva para acurtar distancias. Pero co corazón na gorxa polo medo a perder tres puntos que parecían seguros, a afección pudo celebrar o tanto da tranquilidade, despois dunha boa acción de MC finalizada por Rubio. A mala nova para os baieses foi a lesión de Norberto.
Carcacía 0-1 Corme
Outes 2-3 Sofán
- Campo: O Cunchido
- Outes: Alejandro, Borja, Maroñas, Chúa, Pose, Martín (Pablo m.88), David Sampedro, Chía (Jorge m.68), Quin (Jura m.64), Iago Dosil e Piki
- Sofán: Brais Vázquez, Iván Rey, Adrián, Sito, Rubén, Felipe, Franchu (Pablo Martínez m.82), Brais Barreiro (Martín m.89), Luis (Javi Souto m.66), Javi Doldán (Alex Pri m.88) e Raúl
- Árbitro: Miguens Santiago (Santiago). Amonestou a Iago Dosil, David e Maroñas do Outes
- Goles: 1-0 m.5 Piki; 2-0 m.20 David Sampedro, de penalti; 2-1 m.40 Javi Doldán; 2-2 m.44 Raúl; 2-3 m.60 Raúl
- Campo: O Camballón
- Piloño: Brea, Ferreiro (Jairo m.60), Marcos Iglesias, Santi, Ramón, Juan, Bruno (Dani Soto m.80), Iván, Diego (Alberto m.72), Imanol e Matías
- Soneira: Anxo, Darío (Figueroa m.51), Brais Mouzo, Jota, Aarón, Mayor, Mario (De la Sierra m.65), Richi (Nazo m.78), Basti, Javi e Alberto Vía
- Árbitro: Couñago Rincón (Lalín). Amonestou a Bruno, Imanol, Matías, Santi e Juan do Piloño; Aarón do Soneira
- Goles: 0-1 m.4 Javi; 0-2 m.11 Richi; 1-2 m.49 Matías; 1-3 68 Basti
- Campo: Platas Reinoso
- Baio: Pablo, Fachal, Mario, Luis Alvite, Eloy, Yago, Norberto (Saleta m.43), Brais, Christian (Rubio m.83), Martín MC (Ramón m.89) e Luisito
- Tordoia: Juanjo, Marcos Vázquez (Manuel m.56), Alberto, Rubén, Otero, Antonio (Nico m.78), Gonzalo, Liste, Iván, Óscar Andrade (Álvaro m.54) e Denis
- Árbitro: Insua Lago (A Coruña). Expulsou a Fachal (m.77) do Baio. Amonestou a Luis Alvite, Eloy, Mario e Saleta do Baio; Óscar, Marcos Vázquez, Piñeiro e Manuel do Tordoia
- Goles: 1-0 m.19 MC; 2-0 m.41 MC; 2-1 m.88 Manuel; 3-1 m.92 Rubio
- Campo: Mirarríos
- Carcacía: Fabeiro, Álvaro, Rubén (Javi m.46), Kike, Pablo, Isma, Antonio, Rafa (Batista m.75), Manteiga, Alberto Bello e Juan Carlos (Guille m.46)
- Corme: Susiño (Jose m.44), Adolfo, Dani, Jesús, Joshua, Brais, Diego, Toniño, José Manuel, Juan Chans e Isaac (Adrián m.83)
- Árbitro: Otero Varela (Lalín). Amonestou Isma, Fabeiro e Pablo do Carcacía; Juan Chans, Jose Manuel, Jose e Diego do Corme
- Gol: 0-1 m.2 Isaac
- Campo: A Pedra Queimada
- Malpica: Ángel; Alejandro Márquez, Alberto Márquez, Casais, (Roi Carril m.58), Lolo, Eme, Eloy Vilas, Petís, (Dímaga m.68), Jaco, Carlos Mallo, (Martín Mara m.52) e Cololo
- Cordeiro: Diego; Bodaño, Taibo, Álex, (Martín m.46), Chufe, Juanillo, (Roi m.46), Chiño, (Valero m.52), Manuel Ángel, Juanito, Padín e Gabriel
- Árbitro: Vázquez Penas (A Coruña). Expulsou a Cololo (m.49), Lolo (m.79) e Alberto Márquez (m.81), todos eles do Malpica
- Goles: 0-1 m.11 Chufe; 0-2 m.27 Juanito; 1-2 m.31 Eme; 1-3 m.39 Eloi Vilas, en propia meta; 2-3 m.84 Jaco