Primeira fornada de torneos de básket en Santa Comba, F7 en Zas, e FS en Vimianzo
07 de maio de 2015 (18:18 h.)
Chegan varios torneos nas vindeiras datas, de fútbol, básket e base. Por Zas, por exemplo, toca o I Torneo Infantil de Fútbol 7, organizada polas Escolas de Fútbol Base Sporting Zas-Ponciano Nieto. A cita será o 30 de maio dende as 9:00h.
Xa en xuño, 0s días 19, 20 e 21 polo que parece forte, haberá maratón de FS en VImianzo, organizado polo Anorthosis. Ollo que hai 2000€ en premios.
Ademais, en Santa Comba toca baloncesto, para este domingo 10 de maio a partir das 15:00h, co III Torneo Benxamín e Alevín no pavillón de Fontenla.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).