1ª Galega: Adoran o olor a vinganza ao despertar
24 de outubro de 2016 (14:55 h.)
Coma se retornase ao seu Vietnam recente, o Fisterra desquitouse vencendo en Villestro, onde sufrira o seu último descenso; menos sorte correron os goleados Zas e Outes, en partidos rocambolescos
Outes e Val do Ulla saltan ao terreo de xogo - Foto: Val do Ulla
A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook
Villestro 3-4 Fisterra Campo: Da Barrosa Villestro: César (Caneda m.87), Brais, Alberto Pena, Martín, Víctor García, Hugo (Andrés m.75), Jose Manuel, Dani Gesto (Cruz m.50), Gonzalo, Álvaro e Álex (Marcos Conde m.58) Fisterra: Ángel Luis, Dani Rubia, Bruno, Breixo, Abel (Robertín m.46), Tati, Adrián (Álex m.61), Piti (Gabri m.62), Jesús (Tanto m.80), Roco e Cote Árbitro: Villamor Rial (Santiago). Amonestou a Álvaro, César, Gonzalo do Villestro; Álex, Tati e Gabri do Fisterra Goles: 1-0 m.3 Víctor; 2-0 m.18 Álvaro; 2-1 m.53 Bruno, de penalti; 2-2 m.62 Bruno; 2-3 m.84 Álex; 2-4 m.88 Cote; 3-4 m.90 Víctor Unha pequena vinganza O Fisterra acadou unha heroica vitoria nun feudo que doía na memoria colectiva dos verdes. Hai tres anos perdera a categoría precisamente na Barrosa cun gol no tempo de prolongación que doera coma o coitelo máis afiado. E esa ferida non empezou a cicatrizar ata a hora de partido. Inexplicable foi o mal inicio de partido, con concesións de todo tipo e dous goles de desvantaxe no intermedio. Como sucedeu nas últimas saídas, os de Nacho tiraron de orgullo, e Bruno iniciou o camino da remontada ao converter un clarísimo penalti. Sería o propio atacante o encargado de igualar unha cita que entraría nunha nova dimensión: o Fisterra atacando e apretando e os santiagueses desbordados. Foi chave unha dobre oportunidade local con 2-2, con man a man e remate a portería descoidada. O éxtasis chegaría nos últimos cinco minutos, cos remates de Álex de Pereiriña e Cote para encarrilar a segunda vitoria do curso, e de paso vingarse daquela afrenta xa pretérita. Dumbría 2-0 Puebla Campo: O Conco Dumbría: Iván Bouzón, Jose Manuel, Raúl, David Carreira, Iago, Aarón, Adrián, Rivi (Mauro m.85), Rubén Márquez (Martín m.75), Diego Cespón (Carlos m.81) e Cristian Canosa (Fabio m.68) Puebla: Juan, Benogo, Álex, Carlos Mos, Asier (Axel m.71), Manuel,, Rafa (Óscar Lobera m.57), Denis (Alberto Meira m.63), Jonathan (Viturro m.63), Otero e Mamadu Árbitro: Suárez Carnota (A Coruña). Amonestou a Rubén Márquez e David Carreira do Dumbria; Álex e Óscar Lobera do Puebla Goles: 1-0 m.33 Cristian Canosa; 2-0 m.68 Rubén Márquez Cómodo e ata curto Non tivo problemas o Dumbría para asaltar o primeiro posto, ao derrotar con comodidade a un Puebla lánguido e sen demasiados recursos. Os costeiros tardaron en abrir a lata, e o fixeron tras unha combinación entre Adrián e o recuperado Rubén Márquez, que Cristian empurrou ao fondo da rede. A falta de vinte minutos para o final chegaría a sentencia, ao aproveitar o propio Rubén Márquez un rexeite dun lanzamento de Adrián. Non vería porta esta vez o fisterrán, que incluso marrou un penalti. O Puebla non dispuxo dunha soa oportunidade de perigo en todo o encontro. Sporting Zas 0-4 Cordeiro Campo: San Andrés Sporting Zas: Anxo, Lagoa (Alberto m.67), Anxo, Manu, Diego, Bruno (Tívoli m.79), Fabián (Pablo m.63), Josito (Dani m.41), Chapela, Rubio (Róber m.67) e Álex Flores Cordeiro: Diego, Anxo, Gabri, Del Oro, Miguel (Crego m.74), Roi, Valero (Juanito m.46), Jesu, Nieto, Bustelo e Chiño Árbitro Patricio Blanco (A Coruña). A,onestou a Jesu, Miguel Del Oro do Cordeiro Goles: 0-1 m.55 Juanito; 0-2 m.56 Nieto; 0-3 m.68 Nieto; 0-4 m.71 Juanito Juanito podía ter quedado na casa Dous goles e dúas asistencias do visitante Juanito, incorporado no intermedio, déronlle ao Cordeiro os tres puntos da súa visita a Zas. Os sportinguistas compretaron un partido bipolar, notable na primeira metade e desastroso na segunda. De feito, no inicio as mellores opcións serían súas. Álex Flores, Chapela e Dani terían o gol nas súas botas. Pero de repente, desaparición. E aparición dun Juanito bigoleador e biasistente que destrozou a zaga local. A peor noticia, sen embargo, está nos problemas físicos que arrastran varios sportinguistas, como Josito, que obrigaron a que Víctor Pazos tivera que reordear o equipo. Outes 0-5 Val do Ulla Non houbo cor no Cunchido - Foto: Val do Ulla
Campo: O Cunchido
Outes: Xandre, Chúa, Maroñas, Pose (Borja m.46), Chía (Jura m.68), Dani Corniños, Martín, Mario, Yaho Dosil (Simón m.81), David e Santi (Kim m.68)
Val do Ulla: Rubén, Martín, Iván, Alberto, Cristian, Jacobo (Álex m.77), Neira (Isi m.72), Javi Fernández, Sebas, Matthew (Carlos m.60) e Álex
Árbitro: Casal Barreiro (Santiago).
Goles: 0-1 m.12 Jacobo; 0-2 m.28 Neira; 0-3 m.34 Jacobo; 0-4 m.66 Orosa; 0-5 m.87 Alberto
Desastre total
Os fastos do aniversario do Outes quedaron ensombrecidos por unha derrota contundente e dura na casa contra o Val do Ulla. Os costeiros terían a súa mellor opción nada máis comezar, pero bateron contra o pau. A raíz diso, un cúmulo de despropósitos defensivos, e o acerto case total dos santiagueses, deixaron un marcador contundente para os de Roque, que seguen no penúltimo posto da táboa e con problemas para acadar a seguridade atrás.
Villestro 3-4 Fisterra Campo: Da Barrosa Villestro: César (Caneda m.87), Brais, Alberto Pena, Martín, Víctor García, Hugo (Andrés m.75), Jose Manuel, Dani Gesto (Cruz m.50), Gonzalo, Álvaro e Álex (Marcos Conde m.58) Fisterra: Ángel Luis, Dani Rubia, Bruno, Breixo, Abel (Robertín m.46), Tati, Adrián (Álex m.61), Piti (Gabri m.62), Jesús (Tanto m.80), Roco e Cote Árbitro: Villamor Rial (Santiago). Amonestou a Álvaro, César, Gonzalo do Villestro; Álex, Tati e Gabri do Fisterra Goles: 1-0 m.3 Víctor; 2-0 m.18 Álvaro; 2-1 m.53 Bruno, de penalti; 2-2 m.62 Bruno; 2-3 m.84 Álex; 2-4 m.88 Cote; 3-4 m.90 Víctor Unha pequena vinganza O Fisterra acadou unha heroica vitoria nun feudo que doía na memoria colectiva dos verdes. Hai tres anos perdera a categoría precisamente na Barrosa cun gol no tempo de prolongación que doera coma o coitelo máis afiado. E esa ferida non empezou a cicatrizar ata a hora de partido. Inexplicable foi o mal inicio de partido, con concesións de todo tipo e dous goles de desvantaxe no intermedio. Como sucedeu nas últimas saídas, os de Nacho tiraron de orgullo, e Bruno iniciou o camino da remontada ao converter un clarísimo penalti. Sería o propio atacante o encargado de igualar unha cita que entraría nunha nova dimensión: o Fisterra atacando e apretando e os santiagueses desbordados. Foi chave unha dobre oportunidade local con 2-2, con man a man e remate a portería descoidada. O éxtasis chegaría nos últimos cinco minutos, cos remates de Álex de Pereiriña e Cote para encarrilar a segunda vitoria do curso, e de paso vingarse daquela afrenta xa pretérita. Dumbría 2-0 Puebla Campo: O Conco Dumbría: Iván Bouzón, Jose Manuel, Raúl, David Carreira, Iago, Aarón, Adrián, Rivi (Mauro m.85), Rubén Márquez (Martín m.75), Diego Cespón (Carlos m.81) e Cristian Canosa (Fabio m.68) Puebla: Juan, Benogo, Álex, Carlos Mos, Asier (Axel m.71), Manuel,, Rafa (Óscar Lobera m.57), Denis (Alberto Meira m.63), Jonathan (Viturro m.63), Otero e Mamadu Árbitro: Suárez Carnota (A Coruña). Amonestou a Rubén Márquez e David Carreira do Dumbria; Álex e Óscar Lobera do Puebla Goles: 1-0 m.33 Cristian Canosa; 2-0 m.68 Rubén Márquez Cómodo e ata curto Non tivo problemas o Dumbría para asaltar o primeiro posto, ao derrotar con comodidade a un Puebla lánguido e sen demasiados recursos. Os costeiros tardaron en abrir a lata, e o fixeron tras unha combinación entre Adrián e o recuperado Rubén Márquez, que Cristian empurrou ao fondo da rede. A falta de vinte minutos para o final chegaría a sentencia, ao aproveitar o propio Rubén Márquez un rexeite dun lanzamento de Adrián. Non vería porta esta vez o fisterrán, que incluso marrou un penalti. O Puebla non dispuxo dunha soa oportunidade de perigo en todo o encontro. Sporting Zas 0-4 Cordeiro Campo: San Andrés Sporting Zas: Anxo, Lagoa (Alberto m.67), Anxo, Manu, Diego, Bruno (Tívoli m.79), Fabián (Pablo m.63), Josito (Dani m.41), Chapela, Rubio (Róber m.67) e Álex Flores Cordeiro: Diego, Anxo, Gabri, Del Oro, Miguel (Crego m.74), Roi, Valero (Juanito m.46), Jesu, Nieto, Bustelo e Chiño Árbitro Patricio Blanco (A Coruña). A,onestou a Jesu, Miguel Del Oro do Cordeiro Goles: 0-1 m.55 Juanito; 0-2 m.56 Nieto; 0-3 m.68 Nieto; 0-4 m.71 Juanito Juanito podía ter quedado na casa Dous goles e dúas asistencias do visitante Juanito, incorporado no intermedio, déronlle ao Cordeiro os tres puntos da súa visita a Zas. Os sportinguistas compretaron un partido bipolar, notable na primeira metade e desastroso na segunda. De feito, no inicio as mellores opcións serían súas. Álex Flores, Chapela e Dani terían o gol nas súas botas. Pero de repente, desaparición. E aparición dun Juanito bigoleador e biasistente que destrozou a zaga local. A peor noticia, sen embargo, está nos problemas físicos que arrastran varios sportinguistas, como Josito, que obrigaron a que Víctor Pazos tivera que reordear o equipo. Outes 0-5 Val do Ulla