1ª Galega: Entre Álex Flores e un partido condicionado
10 de outubro de 2016 (14:34 h.)
O punta desequilibrou o derbi entre Sporting Zas e Fisterra, mentres que no partidazo entre candidatos ao ascenso a arbitraxe privou ao Dumbría da vitoria
Zas e Fisterra xogaron un auténtico partidazo - Foto: Jose
A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook
Sporting Zas 3-2 Fisterra Campo: San Andrés Sporting Zas: Anxo, Alberto, Manu, Lagoa, Diego, Josito (Toño m.68), Rubio, Dani, David Agra, Chapela (Fabián m.88) e Álex Flores Fisterra: Ángel Luis, Bruno, Rubia (Adri m.68), Jesús, Robertín, Isma Leis (Pablo Lestón m.16), Álex (Breixo m.46), Cote, Angeliño, Piti (Jose m.46) e Roco Árbitro: Vázquez Veiras (A Coruña). Expulsou a Jesús, do Fisterra (m.84). Amonestou a Dani Mato, Álex Flores, Anxo, Toño e Chapela do Zas; Roco do Fisterra Goles: 1-0 m.38 Chapela; 2-0 m.60 Álex Flores; 2-1 m.74 Pablo Lestón, de penalti; 2-2 m.77 Bruno; 3-2 m.88 Álex Flores. Un gol no último suspiro decidiu a prol do Zas
Primeira vinganza
Desquitouse relativamente o Sporting Zas da perda da Liga da Costa a pasada tempada a mans do Fisterra. Por segunda semana seguida, o protagonista absoluto resultou Álex Flores, bigoleador e autor da diana decisiva. Foi un partido entretido, intenso e con alternativas en tódalas facetas. Pareceron saír máis enchufados os sportinguistas, que viron como Piti sacaba un balón baixo paus pouco antes de que Chapela lle gañase as costas á zaga visitante e fixera o primeiro. Medrou o Fisterra na reanudación, pero levou un pau co segundo local. Álex Flores fixo unha gran acción persoal e resolveu de vaselina. Pero o Fisterra é coma o malo dunha peli de terror: nunca morre. Cando parecía tocado e afundido conseguiu poñerse de pé e igualar, primeiro cun penalti claro convertido por Pablo Lestón, e pouco despois cun bo cabezazo de Bruno. Pudo levalo calquera nos minutos finais, con chegadas por doquier, pero a expulsión de Jesús e o oportunismo de Álex Flores decidiron. Os visitantes protestaron a labor arbitral.
Outes 0-4 Agolada
Campo: O Cunchido
Outes: Xandre, David Sampedro, Chía (Maroñas m.46), Martín (Sergio m.75), Kim (Santi m.46) Yago Dosil, Chúa, Pose, Dani Corniños (Simón m.75), Mario e Cutu
Agolada: Rafa, Dani, Carballal, Castro, Peyret (Bryan m.60), Brais (Miguel m.70), Rubén Areán, Otero Arias, Alexandre, Aitor (Caramés m.84=, Pablo (Centeno m.50), Rubén Varela (Dani m.80)
Ärbitro: Calviño Pensado (Santiago). Expulsou a Centeno, do Agolada (m.62)
Goles: 0-1 m.8 Aitor; 0-2 m.44 Aitor; 0-3 m.52 Aitor; 0-4 m.60 Centeno
Desastre sen saber moi ben como
Tivo máis ocasións de perigo o Outes que o Agolada, pero Aitor, protagonista con tres goles, deu unha lección maxistral da importancia do acerto no fútbol. Os desaxustes defensivos locais tamén foron chave nunha goleada excesiva e dura de asumir, contra un rival pechado.
Sigüeiro 2-2 Dumbría
Campo: Lino Balado
Sigüeiro: Pablo Souto, Jorge (Sergio m.73), Fernando (Marcos Iglesias m.53), Juanito (Iago m.78), Albor, Pepe, Hugo Arnejo, Nando, Álex Fernández, Borja e Aitor
Dumbría: Iván Bouzón, Jose, Raúl, Iago, David Carreira, Aarón, Adrián, Fabio, Charly (Diego Cespón m.78), Darío Capelo e Cristian (Rivi m.57)
Árbitro: Fernández Lodeiro (Santiago). Amonestou a Fernando e Isma do Sigüeiro; Fabio, Adrián, Aarón e Diego Cespón do Dumbría
Goles: 0-1 m.4 Charly; 1-1 m.15 Charly, en propia meta; 1-2 m.56 Jose; 2-2 m.58 Albor
Ao Dumbría non lle deixaron vencer
Enésima indignación cada vez que un equipo da Costa ten que xogar en Santiago, e por ende sufrir as arbitraxes dunha zona na que é habitual escoitar falar de compadreos entre colexiados e xogadores, corpos técnicos e demais. No que era un cruce de grandes candidatos ao ascenso aflorou de novo a figura dun ínclito nesas lides, Fernández Lodeiro, que foi sen dúbida MVP da cita: dous goles anulados ao Dumbría, un deles un minuto despois de ser concedido e un penalti clamoroso non sinalado a prol dos brancos. Aínda así, un punto para os do Conco, que sufriron ese aillamento forzoso, impulsado hai anos desde certos clubes da Coruña para crear dúas Primeiras Autonómicas convertidas en sinsentido e nun agravante privilexio para os herculinos e composteláns.
Sporting Zas 3-2 Fisterra Campo: San Andrés Sporting Zas: Anxo, Alberto, Manu, Lagoa, Diego, Josito (Toño m.68), Rubio, Dani, David Agra, Chapela (Fabián m.88) e Álex Flores Fisterra: Ángel Luis, Bruno, Rubia (Adri m.68), Jesús, Robertín, Isma Leis (Pablo Lestón m.16), Álex (Breixo m.46), Cote, Angeliño, Piti (Jose m.46) e Roco Árbitro: Vázquez Veiras (A Coruña). Expulsou a Jesús, do Fisterra (m.84). Amonestou a Dani Mato, Álex Flores, Anxo, Toño e Chapela do Zas; Roco do Fisterra Goles: 1-0 m.38 Chapela; 2-0 m.60 Álex Flores; 2-1 m.74 Pablo Lestón, de penalti; 2-2 m.77 Bruno; 3-2 m.88 Álex Flores.