1ª Galega: Entre 'Lo que el viento se llevó' e sen goles hai paraíso

Un partido con duración de longametraxe deixou táboas entre Fisterra e Outes, con regusto diferente para uns e outros, mentres que Dumbría e Zas puntuaron pese a non marcar e marcharon cunha sensación máis positiva que outra cousa
Tenso ata o remate o Fisterra-Outes
A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook
Fisterra 1-1 Outes Campo: Ara Solis Fisterra: Ángel Luis, Rubia, Breixo (Álex m.69), Robertín (Tano m.78), Tati, Pablo Lestón (Jose m.59), Piti, Angeliño, Adr (Abel m.71)i, Roco e Cote Outes: Xandre, Borja, Chúa, Maroñas, Pose, Chía (Sergio m.86), Dani Corniños, Martín, Mario, Kim (Borja m.74), Yago Dosil e David Árbitro: Vilas Lorenzo (Santiago). Amonestou a Tanto e Ángel Luis do Fisterra; Chçua e Mario do Outes Goles: 1-0 m.29 Robertín; 1-1 m.98 Borja Gol de ouro na 'prórroga' Un cuarto de hora de prolongación tivo o cruce entre Fisterra e Outes, durante o cal os visitantes lograron salvar un punto e os locais desquiciarse co criterio arbitral ao respecto. A película das dúas horas que se levou o encontro resúmese nun Fisterra máis determinado de saída, co control da balón aínda que sen profundidade, e un rival de momentos concretos pero contundentes. Robertín adiantou aos verdes ao fío da media hora, e a partires de aí comezou o carrusel de avisos outiense, con dous balóns ao longueiro e unha boa man de Ángel Luis. O que non foi o que enfadou aos locais, senón o como. Con dez minutos sobre o tempo Borja igualaba, algo non insospeitado a xulgar polo previo. Borja, cun lanzamento cruzado desde a frontal, marcaba para o conxunto de Roque. Desde a páxina oficial de Rapacollóns fíxose un chamamento á calma para ocasións vindeiras entre unhas das afeccións máis paixoais do balompé da Costa. Val do Ulla 0-0 Sporting Zas Campo: O Coto Val do Ulla: Jorge, Sebas (Jose m.86), Manu, Fariñas (Adrián m.61), Javi, Martín, Cristian, Álex, Isi (Senso m.69), Neira (Miguel m.75) e Jacobo Sporting Zas: Anxo Pallas, Lagoa, Anxo Tarrío, Manu, Diego, Josito (Fabián m.87), Dani (Toño m.46), Agra, Rubio, Chapela (Bruno m.75) e Álex Flores Árbitro: Rosende Porto (Santiago). Amonestou a Cristian do Val do Ulla; Chapela do Sporting Zas
Val do Ulla e Zas igualaron sen goles Un xardín sen Flores Foi positiva a imaxe do Sporting Zas na súa viaxe a Val do Ulla, onde acadou un punto que básicamente sabe a pouco. Os de Víctor Pazos, que vivían un momento doce de cara á meta contrario, pareceron esquencer o tino das dúas semanas anteriores e perdoaron en ata seis ocasións diante da meta rival. Non houbo cor nun primeiro acto no que Chapela estrelaría un balón no longueiro e erraría en boca de gol, no que Álex Flores marrou a súa e onde os zascenses protestaron moito un gol anulado a Toño por fóra de xogo. Compricaríase algo nunha reanudación con inicio forte dos santiagueses, pero onde tamén acabaría por mandar un Zas que, pese á lixeira decepción do resultado, comprobou novamente que está no bo camiño. Silleda 0-0 Dumbría Campo: Outeiriño Silleda: Jose Ramón, Diego Iglesias, Manu, Salva, Gustavo, Vilas (Pampín m.81), Ricardo, Pablo Nogueira, Rubén, Diego Suárez (Rodrigo m.75) e Jose Manuel Dumbría: Iván Bouzón, Jose Manuel, Raúl, David Carreira, Diego Cespón, Aarón, Adrián, Rivi (Jose m.70), Charly, Darío Capelo (Fabio m.40) e Cristian Canosa (Mauro m.82) Árbitro: Alaoui Soulimani (Santiago). Amonestou a Pablo Nogueira e Diego do Silleda; Rivi e Raúl do Dumbría Loita metafutbolística O outro fútbol aflorou en Outeiriño, feudo duro onde os haxa, e no que Silleda e Dumbría protagonizaron un deses partidos que tanto lle gustan aos adestradores: con poucas oportunidades e unha intensidade impropia destas alturas de competición. Iso si, os mellores achegamentos levaron aire costeiro. O árbitro anuláballe un tanto a Adrián no primeiro acto, mentres que Fabio, no rexeite dun córner, tivo a opción máis clara. O resto pasou por unha sucesión de faltas, sempre dentro da nobreza, e un resultado que deixou ledos aos dous.