1ª Galega: Tortilla de oito ovos

Tres vitorias e un empate en inferioridade e a domicilio, tras ir perdendo de dous goles, son a bagaxe espectacular para os equipos costeiros na categoría
O Outes venceu cómodo - Foto: Outes FC Villestro - Dumbría (2-3)
A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook Campo: Da Barrosa Villestro: César, Brais (Sande m.73), Alberto Pena, Martín, Víctor (Hugo m62), Jose Manuel, Dani Gesto, Carvalho (Álvaro m.51), Ezequiel, Marcos Conde (Miguel m.68) e Álex Dumbría: Iván Bouzón, Jose Manuel, Raúl, David Carreira, Fabio, Aarón, Adrián, Charly (Mauro m.70), Adrián Nieto (Jacobo m.34), Darío Capelo e Cristian (Martín m.62) Árbitro: Buján Vidal (Santiago). Expulsou a Adrián, do Dumbría (m.83). Amonestou a Víctor e Marcos Conde do Villestro; Darío Capelo do Dumbría Goles: 1-0 m.17 Dani Gesto; 1-1 m.27 Adrián; 1-2 m.40 Adrián; 1-3 m.57 Adrián; 2-3 m.79 Hugo Rodríguez Adrián, só che falta ser masaxista Case todo o que pasou no Villestro-Dumbría referencia a Adrián, dianteiro do equipo costeiro que firmou os tres goles do triunfo dos seus, e que acabou vendo un cartón vermello que é a peor nova de cara á vindeira semana. O triunfo en terras santiaguesas, onde a arbitraxe foi difíicil, foi unha remontada, xa que Dani Gesto, nunha boa acción, adiantaba aos seus. Antes do intermedio dúas 'Makanadas' xa puxeran en vantaxe aos dumbrieses, que pareceron sentenciar a falta de media hora. O empurre santiagués, e a expulsión de Adrián, compricaron a resistencia nos minutos finais. Outes 4-2 Puebla Campo: O Cunchido Outes: Xandre, Borja, Chúa, Maroñas (Chía m.60), Pose, Dani Corniños, Martín (Sergio m.85), Mario, Kim, Yago Dosil (Santi m.82) e David (Simón m.85) Puebla: Alasane, Jorge, Jonathan (Casalderrey m.60), Alejandro, Carlos Mos, Treus (Viturro m.60), Denis, Vicente, Piñeiro (Picos m.60), Óscar e Manuel Árbitro: Losas Otero (Santiago). Amonestou a Yago e David do Outes; Jorge, Alejandro, Denis, Piñeiro e Manuel do Puebla Goles: 0-1 m.2 Vicente; 1-1 m.40 Martín; 2-1 m.53 David, de penalti; 3-1 m.58 Kim; 3-2 m.65 Vicente; 4-2 m.84 David Aire para o Outes Un mal inicio de encontro, con golazo de Vicente para o Puebla, facía intuir unha difícil tarde para un Outes que desperdiciou a primeira media hora do encontro e que pouco a pouco logrou medrar. Martín, pouco antes do descanso, igualaba o choque, mentres que un penalti ao pouco de comezar volteaba o marcador. Kim parecía decidir, pero os trocos resucitaron ao Puebla, que tivo de novo en Vicente ao seu guía. Cos visitantes volcados, David decidiu ante Alasane. Sporting Zas 2-1 Esclavitud Campo: San Andrés Sporting Zas: Anxo, Alberto (Lagoa m.65), Anxo Tarrío, Manu, Diego, Toño (Róber m.40), Josito (Bruno m.46), David Agra, Dani, Rubio e Álex Flores Esclavitud: Adrián, Iván, Borja, Cardama (Yaki m.50), Abel (Álex Gallego m.73), Julio, Juan, Iván González, Gonzalo, Pena e Raúl (Dani Cao m.77) Árbitro: Reborido Rodríguez (A Coruña). Goles: 0-1 m.33 Iván González; 1-1 m.59 Álex Flores; 2-1 m.72 David Agra Que necesario! Importante encontro coa vitoria do Sporting Zas, ante un Esclavitud que puxo a tarefa moi difícil e que obrigou á remontada. O dominio total do partido e da posesión no derivou nunha tarde prácida en absoluto. Tivo ocasións para golear na primeira media hora, e sem embargo foi o visitante Iván González o que adiantou aos padroneses. Si houbo acerto na reanudación, cun tanto de oportunista de Álex Flores e o decisivo de David Agra tras cabecear un córner. Flavia 2-2 Fisterra Campo: Do Souto Flavia: Cristian (Diego Perol m.75), Magariños, Manuel, Jose Enrique (Jordi m.46) (Ángel m.75), David Triñanes, Arufe, Kevin, Andrés, Otero (Bruno m.75), Roberto e Álex Fisterra: Joselu, Rubia, Breixo, Robertín, Abel (Bruno m.59), Tati, Adri (Isma Leis m.56), Álex, Piti (Jesús m.48), Roco e Cote Árbitro: Rego Rodríguez (Santiago). Expulsou a Jesús do Fisterra (m.57). Amonestou a Álex, David Triñanes, Magariños e Roberto do Flavia; Breixo e Rubia do Fisterra Goles: 1-0 m.18 Álex Pérez; 2-0 m.53 Andrés; 2-1 m.64 Bruno; 2-2 m.70 Breixo Como un grande O Fisterra logrou igualar un partido no que ninguén daba patacón por el. Cun menos e dous goles abaixo o cadro de Nacho tirou de casta e 'huevina' para contrarrestar o froito do dinamismo ofensivo dun bo Flavia. Unha vez expulsado Jesús, Bruno, de cabeza no segundo pau, e Breixo, nun balón morto tras unha mala saída do meta local, acadaron o milagre. Intentaron os padroneses intimidar con balóns colgados, pero un seguro Joselu evitou a primeira derrota.