Primeiros encontros do ano no fútbol da Costa

Parón de Nadal pero volve o fúbol da Costa de contado. Este domingo día 2 hai xornada, incompleta pois hai encontros atrasados, outros xa xogados e varias ligas que non disputan xornada estes días como son as das categorías inferiores ou os Veteranos. Nos maiores este domingo xogan todos agás os sancionados e o Soneira, que adiantou o encontro ante o Grixoa ao pasado día 26 con boa fortuna. Iso si, o Soneira terá cita en Reis e recibirá ao Compostela en Vimianzo ás 17:00h. Tamén ata Reis aprazou o Cee o seu encontro co Arteixo, o mesmo que o Cambre-Dumbría. Na 3ª hai un encontro que atmén se xoga por Reis e será ao que enfronte ao líder Mazaricos, co Independiente no Anexo das Eiroas. Xa na xornada, o encontro máis interesante da fin de semana pode ser ese Club do Mar - Fisterra, que pode meter de novo aos de Manolo Santos na loita polo título. O Camariñas non o terá fácil ante o Malpica, mentres que o líder, o Ponteceso, recibe a un Baio que precisaba un descanso. E se queren máis, non olviden que este domingo 2 de xaneiro tamén hai maratón de fútbol sala feminino en Ponteceso.

Preferente, xornada 21

Soneira 06-01 10:00h Compostela

1ª Autonómica, xornada 17

Zas 02/01 - 16:00 Estudiantil
Lamela 02/01 - 16:00 Xallas
Cee 06/01 - 17:00 Atl. Arteixo
Cambre 06/01 - 17:00 Dumbría

2ª Autonómica, xornada 17

Dumbría B 02/01 - 16:00 Vimianzo
Sofán 02/01 - 16:00 Buño
Corme 02/01 - 16:00 Porteño
Ponteceso 02/01 - 16:00 Baio
Club do Mar 02/01 - 16:30 Fisterra
Carnota 02/01 - 16:30 Esteirana
Camariñas 02/01 - 16:30 Malpica
Castriz 02/01 - 16:30 San Lorenzo
Muros 3-1 O Pindo

3ª Autonómica, xornada 17

Lira 0-1 Cerqueda
Atl. Pereiriña 02/01 - 16:00 Laxe
Muros B 02/01 - 16:00 Corcubión
Cabana 02/01 - 16:00 Corcoesto
Muxía 02/01 - 16:00 Coristanco
Nantón 02/01 - 16:00 Xaviña
Outes 02/01 - 17:00 Alcaián
Indep. Carballo 06/01 - 18:00 Mazaricos

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
  • Fotografía de Marcos Rodríguez.