Proba do algodón
16 de setembro de 2016 (04:16 h.)
Os sorprendentes Cee e Cerqueda miden a súa licencia para soñar con motivo dos seus enfrontamentos con Corme e Castriz respectivamente, amén do derbi do Platas Reinoso de Baio; na Primeira, Dumbría e Outes se cruzan no Conco
O líder Corme, unha boa medida para o Cee - Foto: Fin Lema
Despois de deixar coa boca aberta a boa parte dos seus rivais, a Unión Deportiva Cerqueda da ilusión ten unha das súas primeiras probas de lume coa visita a un candidato ao ascenso. San Pedro de Castriz é unha boa regra para calquera, así como un feudo ben coñecido para o técnico Raúl Periscal. Pola súa banda, o líder intratable Corme visita a un Cee que ten deixado unhas sobresaíntes sensacións nos dous primeiros encontros, e que pola entidade dalgúns dos seus futbolistas, así como polo peso histórico, ten sempre o beneficio da dúbida. A terceira fronte notable chega en forma de derbi, e mide ao renacente Baio cun Ponteceso que empeza a lembrar ao do curso pasado, coa súa fiabilidade defensiva habitual.
Un peldaño máis arriba, na Primeira, o Dumbría xoga o seu segundo derbi consecutivo. Despois de vencer en Zas os de Julián Ferreiro reciben ao Outes, quen pese ao seu comezo dubitativo ten no seu haber unha bagaxe excelente en duelos contra veciños. Polo templo da ilusión, Ara Solis, pasará un Riveira aínda en modo incógnita, mentres que o Zas terá no Puebla un incómodo anfitrón.
Terá case derbi o Soneira en Preferente, cunha cómoda, pola distancia, visita a Paiosaco. Os bergantiñáns son outsiders da loita polo ascenso, e un mal plato para unha tarde de domingo. O Xallas recibe a un Viveiro tamén perigoso.
E dúas semanas despois comeza unha Terceira co filial do Outes coma novidade, así coma con moitos históricos. Muxía, Lira, Cabana ou Nantón son máis habituais de categorías superiores, aínda que o trago da Terceira non todo o mundo o pasa igual. O Viveiro, pola súa banda, tamén pasará pola Costa en fútbol base. Os seus cadetes de Galega visitan ao Dumbría. O cadro Xuvenil dos costeiros viaxa a Oroso.
Atentos estaremos tamén ao comezo das Ligas comarcais de cadetes e infantís, así como a Supercopa de Veteranos.
PreferenteNorte, xornada 4
1ªAutonómica, Gr.2, xornada 3
2ªAutonómica, Gr.2, xornada 3
LigaGalega Xuvenil, xornada 2
1ªXuvenil, Gr.2, xornada 2
1ªXuvenil, Gr.3, xornada 2
LigaGalega Cadete, xornada 2
1ªCadete, xornada 1
LigaGalega Infantil, xornada 2
1ªInfantil, xornada 1
Máisinformación
- Mercado de fichaxes do Fútbol da Costa.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.