Raid Camariñas: carreira, BTT e kayak nunha proba de aventura

De seguido repasamos tamén a BTT en Outes. Pero antes temos que ir ata Camariñas, onde xa preparan o I Raid de Camariñas. Unha proba de aventura que consta dunha Carreira de Montaña, BTT e kayak con orientación, pasando polos lugares máis emblemáticos do Concello de Camariñas, Cabo Vilán, Cemiterio de los Ingleses, Camariñas, Camelle , Ponte do Porto e Xaviña.

O Raid arrincará o sábado 18 de outubro ás 10:00h da antiga Lonxa e rematará arredor das 19:00h no Club Náutico horas.
Está dividido en 6 seccións, e terá un percorrido dun 70 kms:

  • 1. Carreira a pe. Polo casco urbano de Camariñas. O percorrido será Score (isto quiere dicir que se porá visitar os puntos de control na orde que un queira.
  • 2. Carreira a pe. 11 kms.
  • 3. BTT. 21 kms.
  • 4. Carrera a pe. 6 kms.
  • 5. BTT. 17 kms.
  • 6. Kayak. 7 kms.

Haberá 2 Categorías:

  • Élite: 3 corredores que estarán sempre en carreira. Os equipo élite non terán asistencia nas transicións. Terán que dar unha bolsa á organización que se encontrarán ao finalizar a Seción 3 e outra que se encontrarán ao final da sección 5. En cada bolsa terán que depositar o que consideren necesario para esas seccións (comida, zapatillas de correr, etc.). A organización proveerá de auga nas transicións 3, 4 e 5.
  • Aventura: 3 componente. 2 en carreira e 1 de relevo. É dicir, poderanse alternar como eles estimen oportuno para realizar as seccións, pero dous sempre terán que estar en carreira. O terceiro terá que desplazarse aos lugares de transición que indique a organización.

Inscrición

O boletín con toda a información da carreira podédelo atopar en: www.fegado.es. A inscripción pódese facer a través de: www.tracktherace.com, cun custe por equipo de 54 euros.

BTT en Outes

Hoxe mércores 15, ás 18:00h des pechan as inscricións para a participación na VII marcha BTT de Outes, que terá lugar o vindeiro domingo 19 de outubro.
Esta marcha é todo un referente na zona, por ser unha das máis antigas e polas súas características. Os participantes de anos anteriores refiren vivila como un reto persoal, xa que ademais de contar cun desnivel acumulado tradicionalmente moi alto, os camiños polos que circula soen ser sendeiros de a pé e antigos camiños de monte, razón pola que é especialmente dura.

O Concello de Outes e o Club Ciclista Revoltas, organizadores do evento, queren nesta nova edición manter a mesma filosofía deportiva de anos anteriores. Por tanto, teñen deseñado un espectacular percorrido duns 48 km de dificultade física alta e técnica media-alta. Para aqueles que non queiran facer os 48 km existe unha alternativa de 35 km de dificultade física e técnica media, na que os ciclistas tamén poderán sentir toda a esencia da marcha. O percorrido será novo con respecto ás edicións previas nun 90% aproximadamente.

O número máximo de participantes será de 400 e xa hai máis de 250 inscritos. O prezo da inscrición nesta marcha de carácter non competitivo é de 5€ por participante. Os menores de 16 anos non poderán participar na marcha, mentres que os menores de 18 deberán presentar por escrito unha autorización do seu pai, nai ou titor.

A saída terá lugar ás 9.00 horas do pavillón municipal de Outes, previa recollida de dorsais dende as 8.00 ata as 8.45 horas do mesmo día. Disporanse dous avituallamentos líquidos e un sólido-líquido. Ao chegar á meta, estará habilitada unha zona de acondicionamento das bicicletas e duchas. Finalmente, todos os asistentes e os acompañantes gozarán duns pinchos durante os que poderán compartir as súas experiencias do día.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).