Razo acolle un novo Campionato Galego de Surf

Ambientazo en Razo nunha proba surfeira do ano pasado-Foto-Edu Bartolomé

A Federación Galega de Surf vén de presentar o Campiobato Galego de Surf Individual e por equipos. Unha cita que terá na praia carballesa de Razo, compaxinando espazo co Orzán herculino, durante os días 2, 6 e 10 de decembro. 3 días de surf de máximo nivel no areal bergantiñán, para seguir afiandándoo como referente galego e estatal.

Haberá toda clase de categorías polo que se prevé que a zona sexa un fervedoiro de actividade, con centos de persoas arredor deste deporte que cada ano se convirte nun potente motor económico. Así o refrenda a existencia de dous campamentos de surf na propia praia de Razo.

O sábado 2 de decembro será o día dos Open absolutos de Surf, Body, Paddlesurf e Longboard. Os días 6 e 10 terán lugar as categorías de base, de sub-18 a sub-12.

Este venres publicarase un horario provisional na web www.fgsurf.org.

Novas surfeiras

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).