Resultados da 2ª xornada de Preferente e estreo de xuvenís

Esta tarde daba comezo a segunda xornada da Preferente Norte, onde os nosos non andiveron moi finos en canto a resultados, a non ser o Xallas de Santa Comba que sacou os 3 puntos en extremis. Un Equipo Xalleiro no que saiu moi enchufado no partido pero logo foi indo a menos. A falta de 5 minutos chegaba o gol  da vitoria para os homes de Julio frente ao Silva, sumando a segunda vitoria no que vai de liga. O Bergantiños sumaba tres novos puntos ante o Chantada na casa e leva tamén dúas vitorias nos dous partidos xogados. Outro dos nosos equipos, e que neste caso non era capaz de puntuar foi o Dumbria que veu de baleiro no seu enfrontamento fronte ao recén ascendido Estudiantil, pese a comezar adiantándose no marcador aos 15 min. de partido. Os homes de Canosa non fixeron un dos seus mellores partidos e leváronse o sabor agridulce de poder conseguir a súa primeira vitoria, cando tiñan todo a favor. Mentras tanto o Soneira tampouco era quen de sacar algo positivo no seu campo, un Ribadeo moi forte no que foi moi superior aos homes de Felipe Candamo, e así o demostra un resultado de 0 a 3. Partido moi floxo o do Soneira esta tarde no Municipal de Vimianzo.
Mentras tanto esta tarde tamén se disputaba o Torneo de Adibismur en Mazaricos, onde no partido polo 3º e 4º posto o Mazaricos venceu por 3-1 ao Volantes de Baño. Na Gran Final o Trofeo caeu do lado do Outes ao gañar por 2 a 1 ao Lira. Noutro dos Torneos que se disputaron na tarde de hoxe, o Torneo Concello de Zas, levouno o Baio ao vencer por 1-0 ao Sporting Zas e na Homenaxe a José Cabeza en Sofán, a victoria caeu do lado da casa e así impoñiase o Sofán por 4-1 ó Ponteceso. Tamén se disputaba algún amistoso como o Camariñas 6 - Camelle 2 ou o Laxe 2 - Buño 7. No dia de onte, Sábado 31 de Agosto, é último dia para rematar o oitavo mes do ano 2013, daba comezo a nova tempada na categoria de xuvenís. Unha tempada que se presenta moi bonita e atractiva, xa que os equipos veteranos na categoria se reforzaron bastante, sobre todo o Dumbria de Oscar Leis é Diego Lobelos que intentarán loitar polo ascenso, pero non descoidamos os Xallas de Santa Comba, Fisterra, CabanaMalpica e Ponteceso que o ano pasado estiveron loitando ata o final por ese ansiado ascenso a Liga Galega. Pero os equipos que o ano pasado quedaron descolgados de esa loita, este ano intentarán pelear por conseguir estar neses postos que lle den a opción de poder loitar por ascender, entre eles temos o Cee, Soneira, Mazaricos, Muros, Esteirana, Outes e o recén estreado Lira no Grupo 3, e polo outro lado, no Grupo 4, temos o Baio, Coristanco, Porteño, Laxe, Corme, Muxia , Camariñas e outro dos recen estreados nesta categoria, o Castriz. A Xornada daba comezo bastante cedo, ás 11:00 da mañá xa tiñamos un dos primeiros encontros  no que nos atopabamos con todo un Malpica 1 - Corme 4 no Grupo 4, onde os Cormeláns sacaron 3 puntos con moita solvencia, endosándolles 4 goles o Malpica na súa casa.
Tamén ás 11:00h. tiñamos un Ponteceso 1 - Baio 0, no mesmo Grupo. No Grupo 3 e a mesma hora que estos anteriores tiñamos un Outes 5 - Mazaricos 1 onde os homes de Manu Roque foron moi superiores. Un pouco mais tarde, ás 11:30h., un atractivo Esteirana 3 - Xallas de Santa Comba 3, onde os homes de Rafa desperdiciaron ocasións clarisimas para levarse os 3 puntos para Santa Comba. Xa pola tarde tiñamos o resto dos encontros para rematar a xornada, onde no Grupo 3 tiñamos o Cee 3 - Muros, os visistantes xogaron unha moi boa primeira metade pero na segunda viñéronse abaixo totalmente. No outro partido deste grupo tiñamos o recén estreado Lira que se enfrontaba a todo un Dumbria repleto de grandísimos xogadores, o marcador foi moi claro e contundente para o Dumbria, xa que o partido terminou con un Lira 0 - Dumbria 10, os rapaces de Oscar Leis é Diego Lobelos querían deixar patente a súa marca de favoritos deste grupo. No grupo 4 tamen tiñamos bonitos enfrontamentos, onde nos atopabamos cun Muxia 2 - Camariñas 5 onde os camariñáns se levaban unha victoria contundente sobre os veciños. Tamén tiñamos un Porteño 1 - Laxe 5, no que os de Laxe querian deixar claro desde o primeiro partido que queren estar aí arriba e loitar polo campionato.
E por último tiñamos o recén estreado na categoria o Castriz que non puido co Coristanco na súa casa, partido floxo por ambos lados, onde se notaban os nervios do comezo da temporada tanto por un lado, no que renovaron bastante a plantilla, como polo outro, que estreaban campo, camiseta e rival.

Preferente, xornada 2

Bergantiños 2-1 Chantada
Silva 1-2 Xallas StComba
Soneira 0-3 Ribadeo
Estudiantil 2-1 Dumbría

Xuvenil, Gr.3, xornada 1

Outes 5-1 Mazaricos
Lira 0-10 Dumbría
Esteirana 3-3 Xallas StComba
Cee 3-0 Muros
  • Descansa Fisterra e Soneira.

Xuvenil, Gr.4, xornada 1

Ponteceso 1-0 Baio
Castriz 0-2 Coristanco
Porteño 1-5 Laxe
Malpica 1-4 Corme
Muxía 2-5 Camariñas
  • Descansa Cabana.

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).