Nova xornada completa de fútbol da Costa esta da fin de semana de 13 e 14 de novebro de 2010. Con moitas cousas que apuntar, como ese empate do Soneira na casa ante un Dubra inferior, pero que mantén aos de Manolito en postos cómodos.
Na 1ª Autonómica, sorte dispar para os nosos. O Zas caía na Coruña pero amosaba unha moi boa imaxe a pesar das baixas. Xallas e Cee empataban ante equipos fortes, pero a boa nova da semana protagonizouna o Dumbría, que volvía á senda da vitoria logo de 4 xornadas sen facelo. E o facía ademais ante o líder, de xeito que os de arriba non escapan.
Na Liga da Costa o encontro da xornada disputábase o sábado, e o Club do Mar superaba ao Sofán nun encontro de 1ª División polo ambiente e polo fútbol. Na xornada dominical venceron o resto de equipos da zona alta. O Camariñas segue líder tras non deixarse sorprender por un Vimianzo que cae fondo. O Ponteceso aguantoulle ao Porteño e quedou cos 3 puntos, mentres que o Fisterra tirou ata o minuto 92 para vencer en Malpica.
Polo demais, salientar a 5ª vitoria da Esteirana fóra da casa, desta volta ante un Baio moi mermado; e a vitoria tremenda do Pindo en Verdillo.
Na 3ª o Mazaricos non tivo piedade do pechacancelas, o Corcoesto, e segue líder. Xa con 4 puntos sobre o Nantón, que non pasou do empate en Laxe; e 5 ao Corcubión, que tivo que suspender o encontro no descanso por mor do forte vento de vendabal. A UD Cerqueda segue aí e xa empata ao Corcubión tras vencer ao Muxía e distancialo en 5 puntos, provocando unha fenda ante o Cabana e o Coristanco.
Nas Ligas Xuvenís o encontro da semana era ese Zas - Dumbría B en San Andrés. Os de Nando venceron 0-2 e se afianzan no liderato con 5 puntos e un encontro máis que o Corme, que mallou no Cabana. Polo sur Soneira e Santa Comba seguen distanciando aos seus rivais.
Preferente Norte, xornada 13
Soneira
2-2
Dubra
1ª Autonómica, xornada 11
Xallas
0-0
Olímpico
Víctoria
1-0
Zas
San Tirso
2-2
Cee
Dumbría
1-0
Imperator
2ª Autonómica, xornada 11
Club do Mar
2-1
Sofán
Muros
3-1
Corme
Carnota
2-3
Dumbría B
Camariñas
4-1
Vimianzo
Ponteceso
2-1
Porteño
San Lorenzo
1-3
O Pindo
Malpica
0-1
Fisterra
Baio
0-1
Esteirana
Castriz
2-0
Buño
3ª Autonómica, xornada 11
Laxe
0-0
Nantón
Lira
7-1
Muros B
Corcubión
0-0*
Coristanco
Mazaricos
7-0
Corcoesto
Alcaián
4-0
Xaviña
Cerqueda
4-1
Muxía
Atl. Pereiriña
0-4
Cabana
Outes
1-1
Indep. Carballo
* Suspendido no descanso por mor do forte vento de vendabal que sopraba no Novo Cubaleiro.