Volve o fútbol ao completo á Costa. Chega o 2011 con moitos resultados e cun Soneira, que malia non pasar do empate na casa, segue demostrando que n on vai pasar ningún apuro para manter a categoría.
Tan só o Xallas trae boas novas hoxe dende a 1ª, a pesar de que seguimos contando 2 equipos en ascenso. Os de Iván Cancela sumaron unha gran vitoria en San Tirso e quedan en 2ª posición tralo Cee, que mantén o liderato tralo empate do Olímpico. O Dumbría caía estrepitosamente en Arteixo mentres que o Zas, malia dar boa imaxe con ata 6 xuvenís, volvia caer na casa.
Na Liga da Costa, os de arriba non fallan. Ponteceso sufría para gañar, pero gañaba en San Pedro de Castriz. E tras el o Camariñas que non vai permitir despiste algún dos de Berto. O Club do Mar vixía dende a 3º praza, logo de vencer o sábado a unha Esteirana que volveu deixar unha máis que boa sensación fóra de casa. E xa está 4º o Muros, tras vencer con comodidade a un Fisterra chego de baixas e xuventude.
Por abaixo, salientable a vitoria do Carnota ante o Malpica no debú de Nito no banco de Lombáns. Os carnotáns xa superan a un Vimianzo en moi mal momento. O POrteño tampouco se libra da zona de perigo, mesmo de descenso contando coa praza do Zas, mentres que O Pindo, Esteirana e Buño loitarán por evitar problemas. Os de Sil conseguían un bo empate en Corme, mentres que os de Pablo Mallón caían nun e ncontro agónico ante o Dumbría B, que deixa aos de Ferrío nunha posición moi cómoda.
Na 3ª tampouco fallaron os de arriba. O líder desfacíase do Muros B, mentres que o Nantón facía o propio cun descoñecido Lira. Empatado cos de Luis segue a UD Cerqueda, que vencía onte en Laxe. O a 5 puntos do asnceso segue o Corcubión que vencía con facilidade ao Outes e quere retomar o pulso da competición neste novo ano.
En xuvenís volve a igualdade entre Soneira e Santa Comba. E polo norte, DSumbría B e Corme manteñen o envite.