E nova xornada completa do fútbol da Costa.
Non puido o Soneira seguir sumando e caeu na casa ante o Bertamiráns nuns últimos minutos que por unha vez non lle foron positivos.
Na 1ª, trala goleada do Xallas ao Zas do sábado, o Cee perde a primeira praza ante o Olímpico, o que provoca que o Xallas se coloque a tan só un punto do liderato. O Dumbría non di adeus ao ascenso e queda a 6 puntos de Cee e Olímpico, empatados no alto da táboa con 40 puntos.
Na Liga da Costa o encontro da semana era o Ponteceso-Club do Mar que rematou cun empate que devolve a igualada á competición. O Camariñas non perdoaba en Baio e queda a 3 puntos dos de Berto, con 45. Por detrás, o Muros vén con 38, tras vencerlle un set complicado ao San Lorenzo. 38 ten tamén o Club do Mar, 35 ten Sofán tralo empate en Esteiro e 34 o Castriz tras vencer ao Carnota.
Por abaixo, ademais da derrota dos carnotáns, tamén caeron os vimianceses no Pindo. Ademais a importantísima vitoria do Buño ante o Porteño deixa a Carnota e Vimianzo afundidos, e o Porteño nunha complexa situación, 3 puntos por debaixo do Pindo e 4 do Buño e do Corme, que por certo, caía estrepitosamente en Malpica.
Na 3ª da Costa, a xornada tamén tivo encontros importantes. Non fallou o Mazaricos ante o 4º, o Cerqueda, o que deixa aos de Rochiciolli a 4 puntos do Corcubión. Os de Manín tampouco fallaban en Laxe, igual que o Nantón en Carballo. Os tres parece que se xogarán todo polo todo. Pero o Cabana segue dende lonxe e o Coristanco semella que se descolga tras caer en Outes.
Pola súa banda en xuvenís, as cousas poden deparar de todo. Polo norte, cando semellaba que a recta final para Corme e Dumbría B sería cómoda, as cousas póñense complicadas. Ambos tiveron que sufrir para sacar adiante os seus encontros en Baio e ante o Ponteceso.
Polo sur, pola contra, Soneira e Santa Comba seguen arrasando esperando o grande choque.