Axenda da primeira fin de semana de outubro no Fútbol costeiro

Dous choques case de urxencia na Preferente, un novo derbi na 1ª, varios choques de altura na Liga da Costa, e unha tarde sábado coa xornada completa da 3ª e unha fermosa sesión de Ligas Autonómicas de Base no Conco, son os pratos fortes desta primeira fin de semana de outubro.

Por arriba, Dumbría e Xallas comezan a ter urxencia de sumar, pois pechan a táboa cun só punto. Non o terán sinxelo, pois o Dumbría xoga fóra de casa ante o Puebla, e o Xallas recibe a un dos de arribal, o Dubra.

Toca o segundo derbi da tempada na 1ª, e tamén co Malpica como protagonista. Se o equipo de Chema Rivadulla caía co Outes, agora tócalle un Baio en horas baixas, cun só punto no taboleiro. Ademais, o Soneira intentará manter a súa imbatibilidade cunha complicada saída ao recén ascendo Palmeira. Outro vello rival do Zas do ano pasado na fase, o Tordoia, será o rival dun Sofán que vai a máis, como tamén o Outes que visiya ao Val do Ulla. Máis necesitado está o Corme que visita ao Bertamiráns B, para poder adiantalo e respirar mñais tranquilos.

Na Liga da Costa, varios choques interesantes, como o sempre histórico choque entre o colíder, o Ponteceso e o Cee. Polos opostos en Verdillo, entre un San Lorenzo que o gañou todo e un Volantes que aínda non gañou nada. Estaremos atentos ao partidazo do municipal vimiancés, Baíñas-Fisterra, 4º contra 3º. E tamén toca botar o ollo no choque entre recén ascendidos Ameixenda e Cerqueda.

A 3ª, xógase integramente en sábado.

E o sábado teremos tamén unha fermosa tarde de fútbol base de alto nivel no Conco, co partido dos xuvenís de Liga Galega ás 17:00h co Val e dos Cadetes de Divisón de Honra ás 19:00h ante o Bora.

Hai tamén xornada completa do base comarcal e máis dos Veteranos.

Preferente Norte, xornada 6

Puebla 04/10 - 17:00 Dumbría
Xallas 04/10 - 18:00 Dubra

1ª Autonómica, xornada 5

Palmeira 04/10 - 16:30 Soneira
Malpica 04/10 - 16:30 Baio
Tordoia 04/10 - 17:00 Sofán
Bertamiráns B 04/10 - 17:00 Corme
Val do Ulla 04/10 - 17:30 Outes

2ª Autonómica, xornada 5

Porteño 04/10 - 16:30 Cabana
Zas 04/10 - 17:00 Mazaricos
Ponteceso 04/10 - 17:00 Cee
Ameixenda 04/10 - 17:00 Cerqueda
Buño 04/10 - 17:00 Castriz
Esteirana 04/10 - 17:30 Carnota
San Lorenzo 04/10 - 17:30 Volantes
Coristanco 04/10 - 18:00 Camariñas
Baíñas 04/10 - 19:00 Fisterra

3ª Autonómica, xornada 3

Camelle 03/10 - 16:30 Muxía
Corcubión 03/10 - 16:30 Montelouro
Laxe 03/10 - 16:30 Lira
Seaia 03/10 - 17:00 Nantón
  • Descansa Castrelo.

Liga Galega Xuvenil, xornada 4

Dumbría 03/10 - 17:00 O Val

División de Honra Cadete, xornada 4

Dumbría 03/10 - 19:00 Bora

Liga Xuvenil Sur, xornada 5

Outes 03/10 - 16:30 Xallas
Os Miúdos 03/10 - 16:30 Corcubión
Fisterra 03/10 - 17:00 Esteirana
Montelouro 04/10 - 11:30 Cee
  • Descansa Castriz.

Liga Xuvenil Norte, xornada 5

Muxía 03/10 - 10:30 Zas
Camariñas 03/10 - 16:30 Porteño
Baio 03/10 - 17:30 Corme
Coristanco 03/10 - 18:00 Ponteceso
  • Descansa Cabana.

1ª Cadete, xornada 4

Coristanco 03/10 - 10:30 Fisterra
Soneira 03/10 - 10:30 Zas
Outes 03/10 - 10:30 Sofán
Cabana 03/10 - 16:30 Ponteceso
Cee 03/10 - 17:00 Baio
Corme 04/10 - 11:00 Muxía
Esteirana 04/10 - 11:00 Xallas
  • Descansa Os Miúdos.

1ª Infantil, xornada 4

Esteirana 03/10 - 10:30 Ponteceso
Cabana 03/10 - 10:30 Os Miudos
Corme 03/10 - 11:00 Xallas
Coristanco 03/10 - 12:30 Fisterra
Sofán 03/10 - 16:00 Lira
Vimianzo 03/10 - 18:00 Outes
Zas 04/10 - 10:30 Cee
  • Descansa Dumbría.

Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 3

San Román 04/10 - 11:00 Cabana
Castriz 04/10 - 11:00 Hosgran
Bértoa 04/10 - 12:00 Dumbría
Erbecedo 04/10 - 11:00 San Lorenzo
Coristanco 04/10 - 10:00 Agualada
Ponteceso 04/10 - 11:00 Soneira
Zas 04/10 - 19:00 Laxe
  • Descansa At. Milagrosa.

Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 3

Dep. Carballo 04/10 - 10:30 Sofán
Club do Mar 04/10 - 12:00 Cerqueda
Buño 04/10 - 10:00 Leiloio
Malpica 04/10 - 11:00 Nantón
Porteño 04/10 - 11:00 Seaia
Vimianzo 04/10 - 11:00 San Isidro
  • Descansa Poniente.
  • Corcoesto - Camariñas SDV (3-0) por retirada do Camariñas.

Conversas co Mito

Crónicas da semana

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).