Dous choques case de urxencia na Preferente, un novo derbi na 1ª, varios choques de altura na Liga da Costa, e unha tarde sábado coa xornada completa da 3ª e unha fermosa sesión de Ligas Autonómicas de Base no Conco, son os pratos fortes desta primeira fin de semana de outubro.
Por arriba, Dumbría e Xallas comezan a ter urxencia de sumar, pois pechan a táboa cun só punto. Non o terán sinxelo, pois o Dumbría xoga fóra de casa ante o Puebla, e o Xallas recibe a un dos de arribal, o Dubra.
Toca o segundo derbi da tempada na 1ª, e tamén co Malpica como protagonista. Se o equipo de Chema Rivadulla caía co Outes, agora tócalle un Baio en horas baixas, cun só punto no taboleiro. Ademais, o Soneira intentará manter a súa imbatibilidade cunha complicada saída ao recén ascendo Palmeira. Outro vello rival do Zas do ano pasado na fase, o Tordoia, será o rival dun Sofán que vai a máis, como tamén o Outes que visiya ao Val do Ulla. Máis necesitado está o Corme que visita ao Bertamiráns B, para poder adiantalo e respirar mñais tranquilos.
Na Liga da Costa, varios choques interesantes, como o sempre histórico choque entre o colíder, o Ponteceso e o Cee. Polos opostos en Verdillo, entre un San Lorenzo que o gañou todo e un Volantes que aínda non gañou nada. Estaremos atentos ao partidazo do municipal vimiancés, Baíñas-Fisterra, 4º contra 3º. E tamén toca botar o ollo no choque entre recén ascendidos Ameixenda e Cerqueda.
A 3ª, xógase integramente en sábado.
E o sábado teremos tamén unha fermosa tarde de fútbol base de alto nivel no Conco, co partido dos xuvenís de Liga Galega ás 17:00h co Val e dos Cadetes de Divisón de Honra ás 19:00h ante o Bora.
Hai tamén xornada completa do base comarcal e máis dos Veteranos.
| Puebla | 04/10 - 17:00 | Dumbría |
| Xallas | 04/10 - 18:00 | Dubra |
| Palmeira | 04/10 - 16:30 | Soneira |
| Malpica | 04/10 - 16:30 | Baio |
| Tordoia | 04/10 - 17:00 | Sofán |
| Bertamiráns B | 04/10 - 17:00 | Corme |
| Val do Ulla | 04/10 - 17:30 | Outes |
| Porteño | 04/10 - 16:30 | Cabana |
| Zas | 04/10 - 17:00 | Mazaricos |
| Ponteceso | 04/10 - 17:00 | Cee |
| Ameixenda | 04/10 - 17:00 | Cerqueda |
| Buño | 04/10 - 17:00 | Castriz |
| Esteirana | 04/10 - 17:30 | Carnota |
| San Lorenzo | 04/10 - 17:30 | Volantes |
| Coristanco | 04/10 - 18:00 | Camariñas |
| Baíñas | 04/10 - 19:00 | Fisterra |
| Camelle | 03/10 - 16:30 | Muxía |
| Corcubión | 03/10 - 16:30 | Montelouro |
| Laxe | 03/10 - 16:30 | Lira |
| Seaia | 03/10 - 17:00 | Nantón |
| Dumbría | 03/10 - 17:00 | O Val |
| Dumbría | 03/10 - 19:00 | Bora |
| Outes | 03/10 - 16:30 | Xallas |
| Os Miúdos | 03/10 - 16:30 | Corcubión |
| Fisterra | 03/10 - 17:00 | Esteirana |
| Montelouro | 04/10 - 11:30 | Cee |
| Muxía | 03/10 - 10:30 | Zas |
| Camariñas | 03/10 - 16:30 | Porteño |
| Baio | 03/10 - 17:30 | Corme |
| Coristanco | 03/10 - 18:00 | Ponteceso |
| Coristanco | 03/10 - 10:30 | Fisterra |
| Soneira | 03/10 - 10:30 | Zas |
| Outes | 03/10 - 10:30 | Sofán |
| Cabana | 03/10 - 16:30 | Ponteceso |
| Cee | 03/10 - 17:00 | Baio |
| Corme | 04/10 - 11:00 | Muxía |
| Esteirana | 04/10 - 11:00 | Xallas |
| Esteirana | 03/10 - 10:30 | Ponteceso |
| Cabana | 03/10 - 10:30 | Os Miudos |
| Corme | 03/10 - 11:00 | Xallas |
| Coristanco | 03/10 - 12:30 | Fisterra |
| Sofán | 03/10 - 16:00 | Lira |
| Vimianzo | 03/10 - 18:00 | Outes |
| Zas | 04/10 - 10:30 | Cee |
| San Román | 04/10 - 11:00 | Cabana |
| Castriz | 04/10 - 11:00 | Hosgran |
| Bértoa | 04/10 - 12:00 | Dumbría |
| Erbecedo | 04/10 - 11:00 | San Lorenzo |
| Coristanco | 04/10 - 10:00 | Agualada |
| Ponteceso | 04/10 - 11:00 | Soneira |
| Zas | 04/10 - 19:00 | Laxe |
| Dep. Carballo | 04/10 - 10:30 | Sofán |
| Club do Mar | 04/10 - 12:00 | Cerqueda |
| Buño | 04/10 - 10:00 | Leiloio |
| Malpica | 04/10 - 11:00 | Nantón |
| Porteño | 04/10 - 11:00 | Seaia |
| Vimianzo | 04/10 - 11:00 | San Isidro |
- Descansa Poniente.
- Corcoesto - Camariñas SDV (3-0) por retirada do Camariñas.
Conversas co Mito
Crónicas da semana
Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).