San Pedro nas portas do ceo

O Castriz é o único equipo que conta os seus partidos por triunfos na Liga da Costa; en Primeira, Dumbría e Fisterra siguen invictos, mentres que o Muxía é o primeiro líder de Terceira
O Camariñas deixou un gran sabor de boca - Foto: JM Alonso Parece renovada a ilusión en Castriz, terra habituada a soñar coa Liga da Costa, pero tamén a quedarse co mel nos beizos en demasiadas ocasións. Os xalleiros, que derrotaron con suma solvencia ao Cerqueda, son os novos líderes da competición, e os únicos que contan os seus encontros por triunfos. O novo proxecto, baseado na canteira local, presenta unha aposta polo fútbol combinativo e atractivo, dinámico e matador. Non pudo seguir ese ritmo o Corme, que na súa visita a Cee deixou boas sensacións, e de paso confirmou que o Unión parece estar de volta para loitar por cousas máis notables que nas últimas tempadas. Do pelotón de favoritos nesta ocasión tocoulle fallar ao Ponteceso, que no derbi do Platas Reinoso de Baio atopouse coa mellor versión dos de Pedro Gómez. Dos modestos deixaron boas sensacións Louro e Corcubión, sacando partidos importantes antes rivais directos. Un peldaño por enriba, na Primeira, seguen a marcar o ritmo do positivismo Dumbría e Fisterra. Os de Ferreiro destrozaron ao Outes no derbi, mentres que nos intres finais os verdes mantiveron virxe o seu casilleiro de derrotas. Ara Solis e o seu equipo manteñen un matrimonio incorruptible, a pesares da visita de grandes como o Lalín ou Riveira. Menos alegrías parece deixar unha Preferente na que o Soneira caeu no intercambio de goles co Paiosaco, e na que o Xallas cedeu na casa co Viveiro. Comezou a Terceira coa vitoria para a historia do Outes B no seu primeiro encontro, e co Muxía como primeiro líder. Os da vila da Barca parecen ir moi en serio este curso. O Viveiro tamén acabou coa ilusión do Dumbría de Liga Galega Cadete (1-6).  

PreferenteNorte, xornada 4

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 3

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 3

 

LigaGalega Xuvenil, xornada 2

1ªXuvenil, Gr.2, xornada 2

 

1ªXuvenil, Gr.3, xornada 2

LigaGalega Cadete, xornada 2

 

1ªCadete, xornada 1

 

LigaGalega Infantil, xornada 2

 

1ªInfantil, xornada 1

 

Máisinformación